Neste día en todolos os casilleros do profesorado deixamos o marcapáxinas gañador e o novo deseño do carnet da biblioteca.
domingo, 26 de abril de 2015
EXPOSICIÓNS BIBLIOTECA
Na Biblioteca co motivo do Mes dos Libros, temos a exposición dunha selección de marcapáxinas dos alumnos-as de 3º ESO, e tamén os traballos que sobre o Día do Libro fixeron o alumnado de 1º ESO.
EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA
Unha das actividades propostas pola biblioteca co motivo do Mes dos Libros, é a exposición das últimas adquisicións de banda deseñada.
Xa o alumnado está a facer uso destes novos títulos, que xa forman parte da nosa biblioteca.
FINALISTAS CONCURSO MARCAPÁXINAS
Aquí presentamos os marcapáxinas finalistas e que están expostos no corcho da biblioteca.
Un gran traballo, sin dubida!!
CONCURSO MARCAPÁXINAS
Como todolos anos por estas datas o alumnado de 3º ESO realizan na materia de EPV o deseño dun marcapáxinas.
A alumna gañadora deste ano foi Carlota Estévez Pedras de 3º ESO B.
O traballo foi levado a imprenta e con él felicitamos a toda a Comunidade Educativa o Día do Libro.
Felicidades por este bo traballo!!!
A alumna gañadora deste ano foi Carlota Estévez Pedras de 3º ESO B.
O traballo foi levado a imprenta e con él felicitamos a toda a Comunidade Educativa o Día do Libro.
Felicidades por este bo traballo!!!
ABRIL MES DOS LIBROS
Co motivo do Abril Mes dos Libros, o noso centro ten previstas varias cousas:
1- Repartiremos a toda a comunidade educativa, coa axuda dos
titores e do profesorado, o marcapáxinas gañador do concurso.
2- Tendes expostos na biblioteca
marcapáxinas feitos polos alumnos-as de 3º ESO na materia de EPV.
3- Entregaremos o premio ao gañador do Concurso de marcapáxinas.
4- Decora a biblioteca unha selección de traballos feitos polos
alumnos-as de 1º ESO.
5- Tendes tamen unha selección das últimas adquisicións de
lecturas feita pola biblioteca na sección de Novidades, sobre BANDA DESEÑADA.
VISITA Á BIBLIOTECA DO IES DE CELANOVA
Varios profesores-as de diferentes centros de Xinzo, Allariz, Maceda...formamos parte dun grupo de traballo sobre ás Bibliotecas Escolares.
Fai uns días fixemos unha visita á biblioteca do IES de Celanova.
A súa responsable Isidora, contounos como ela e o seu equipo sacan adiante unha biblioteca tan espectacular. Disfrutade destas fotografías...
CHARLA SOBRE CICLOS FORMATIVOS DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL
Dende "A FARIXA" recibiron unha charla os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º e 2º BAC, sobre os Ciclos Medios formativos de Edificación e Obra Civil.
Todo moi interesante, aprendimos e recibimos información dunha posible saida de estudos para o alumnado de Ciencias.
COLEXIOS PÚBLICOS SUECOS
Aquí os presentamos a realidade que en Suecia ten a enseñanza pública. As fotografías que veis son de colexios na actualidade...son preciosos!!!
PLAMBE 2015
O pasado 13 de marzo asistimos aos ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES- PLAMBE en Santiago de Compostela.
Como todolos anos os responsables das bibliotecas escolares xuntamonos para debatir, aprender e coñecer temas relacionados coas bibliotecas.
USO DA BIBLIOTECA
Aquí temos unha mostra de como os nosos alumnos-as usan a biblioteca e todos os recursos que nela atopamos.
Libros, ordenadores, impresoras, pizarra dixital, TV...forman parte do uso diario no espazo da biblioteca do noso centro.
MURAL DECORATIVO
O pasillo da biblioteca o decora un mural feito coa axuda e participación dos alumno- as de 1º ESO e 3º ESO.
Recortaron unha pomba e escribiron unha frase relacionada coa paz que despois pegaron sobre o mural.
Conmemora O Día da Paz e fainos reflexionar cunha bonita frase de Teresa de Calcuta, "LA PAZ COMIENZA CON UNA SONRISA".