luns, 15 de febreiro de 2016

LECTURAS CLUB DE LECTURA PROFES Curso 2015 - 16

O  primeiro Club de lectura de profes deste ano ten as seguintes lecturas... 

" El cielo es azul, la tierra es blanca" de Hiromi Kawakami
"Intruccións para tomar café" de Manuel Nuñez Singala

A primeira xuntaza será despois das vacacións de Nadal.


GAÑADORES CONCURSO POSTAL NADAL 2015

Aqui están os gañador@s do Concurso Postal Nadal 2015. Recolleron os seus diplomas e premios na biblioteca.
Moitas Felicidades!!


 

SAÍMOS NO XORNAL!!

Os gañadores do Concurso de Postais sairon no periódico, no especial de Nadal.


 

POSTAIS GAÑADORAS 2015

Aquí están as postais gañadoras do 1º ESO e 3º ESO deste curso 2015-16.
Os traballos son estupendos e de gran calidade.
Enhoraboa a tod@s!!






 

CONCURSO POSTAL NADAL 2015

Xa temos as postais que decoran o noso centro nestas datas... Disfrutade dalgunhas delas...









CORCHO INFORMATIVO TRIMESTRAL

Este curso na parede xunto a porta de entrada da biblioteca, contamos cun corcho, onde imos por as fotos mais representativas dos trimestres.
Aquí deixamos o corcho do 1º trimestre... 


 

MENSAXE DO MES DE DECEMBRO

Aqui deixamos a nosa imaxe deste mes...disfrutadea!!


CHARLA LIBRERIA AENEA - Animación á lectura

Tivemos a posibilidade de organizar as Bibliotecas do IES cidade de Antioquia  e a nosa, unha charla coa responsable da librería AENEA de Santiago de Compostela.

A charla facilitounos mercar libros , potenciar o gusto pola lectura, descubrir moitas cousas e o desexo de saber mais...

Xuntamos varios grupos de 1º  e 3º ESO, rapaces da optativa de Debuxo Artístico e os grupos de cociña de FP Básica.







MAGOSTO 2015

A nosa biblioteca decorou un recuncho para ter presente que o MAGOSTO xa chegou. Disfrutade moito, moito...!!!


 

CONTOS DE DEFUNTOS

Para celebrar o Samaín chegou a noso centro "Tropa de trapo", un contacontos que animou a xornada dos rapaces coas suas experiencias.





CHARLA DR. GARRIDO "Falando de solidaridade"

O pasado 16 de Novembro o Dr. Manuel Garrido visitou o noso centro e o salon de actos quedou pequeno para todos os alumn@s do IES Lagoa de Antela e o IES Cidade de Antioquia, que tamén participaron desta experiencia.

Moi interesante  a súa estupenda labor, nun hospital de Bolivia. A solidaridade quedou moi presente no acto.

A actividade foi organizada polas bibliotecas dos dous centros.








GAÑADORES CONCURSO CONTOS DE MEDO 2015

Aquí tendes os gañadores do Concurso de Contos de Medo deste ano.