xoves, 27 de xaneiro de 2022

ARROZ CON CHACHÁRA

Xa estamos aquí de novo coa segunda lectura no club " Arroz con Cháchara". Esta maña fixemos a foto, algúns dos compoñentes do club de lectura.

Tendes varios exemplares a vosa disposición, na biblioteca. Recordade formalizar o préstamo.

Disfrutade moito coa lectura!

SEGUNDA LECTURA NO CLUB "ARROZ CON CHÁCHARA"

Xa temos lista a segunda lectura do Club  de lectura dos compañeiros dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquia, "Arroz con cháchara".  Trátase de " La delicadeza", de David Foenkinos.

Esperamos que pasedes un bo rato coa súa lectura e tamén esperamos os vosos comentarios cando a terminedes de ler!

Grazas por seguir participando!!

Boas lecturas!!



mércores, 26 de xaneiro de 2022

HORA DE LER EN 4º ESO

Seguindo o noso calendario de "Hora de ler ", onte tocou a 6ª hora. O grupo de 4º ESO A, deixa imaxes como estas, compartindo un bo rato de lectura.

Cada alumno-a, aproveitando para ler, lecturas do club, lecturas obrigatorias ou lecturas persoais...

En todo caso, boas lecturas a tod@s!!




QUE BO, É LER!

Calquera lugar é bo, para un rato de lectura.

A nosa compañeira Carme Gómez, profesora de lingua galega no IES, aproveita para ler tomando un café, e combatir as baixas temperaturas que estamos a ter!!

Boas lecturas!!




BENVIDA A PAZ

A entrada do noso IES, visibiliza a conmemoración do Día da PAZ.






EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

No holl da cafetería, están expostos os traballos do alumnado do IES, feitos para conmemorar o Día da PAZ. 











DÍA DA PAZ

Conmemoramos a celebración do DÍA da PAZ, o vindeiro 30 de Xaneiro, no IES, como todos os cursos, baixo o lema " En que mundo desexamos vivir?... porque outro mundo é posible".





xoves, 20 de xaneiro de 2022

HORA DE LER NO 2º TRIMESTRE

Seguindo o calendario de Hora de ler, onte tocou a 5ª hora da mañá, e aproveitamos para comenzar a ler a lectura do club.

Aqui vos presento a Brais e Sofia, dous dos compoñentes do Club de lectura, dispostos a pasar un bo rato lendo.

SORPRESA!!

Mirade o que atopamos esta mañá cando prestamos un libro de lectura obrigatoria este trimestre.

Unha lista de cousas por facer:

- Organizar mi armario

- Limpiar los zapatos

- Planchar la ropa

- Limpiar el baño

- Limpiar el polvo

- Recoger el bajo

- Fregar la casa

- Llevar " las cosas" a la casa nueva

Estamos seguros, que esa persoa fai tempo que as fixo todas!! :)



O CLUB DE LECTURA DE 4º ESO E 1º BAC

Hoxe o Club de lectura comenzou a segunda lectura escollida, para este trimestre.
Aquí deixamos foto deste magnifico grupo de lectores!!
Disfrutade moito desta lectura!

2º CLUB DE LECTURA DE 4ºESO -1º BAC

Xa temos lista a 2ª lectura do Club de lectura de 4º ESO e 1º BAC.

A lectura escollida é " Morir no es nada del otro mundo", de Carlos Vila Sexto. 

Chama a atención, o bonito deseño do libro.

Agora a disfrutar lendo!!





XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Xa estamos a ler a segunda lectura no Club de Lectura de 1º ESO.

Xuntamonos no 2º recreo do venres, para repartir os libros e o calendario das nosas reunións cada 15 días.

Disfrutade moito da nova lectura!!

mércores, 19 de xaneiro de 2022

2º CLUB DE LECTURA 1º ESO

Xa temos lista a segunda lectura do Club de lectura de 1º ESO.

A obra escollida, é "Tesa" de Pilar Molina Llorente.


A CELULA

O alumnado de 3º ESO, na materia de bioloxía fixeron estos estupendos traballos, cheos de detalles, sobre a célula.

Están expostos no espazo común do corredor de 3º ESO e 4º ESO.

Noraboa a tod@s!!












NADAL NA BIBLIOTECA

Este espazo tan especial do noso IES, está decorado este curso, cos traballos feitos polo alumnado en papiroflexía, no Dpto de EPV.

Mirade que bolas tan chulas decoran a mesa da entrada da Biblioteca!!

BO NADAL!!





DECORACIÓN NAVIDEÑA NO IES

Na entrada a cafetería, a zona de exposición do noso IES, temos decorado ese espazo co Árbol de Nadal e un photocall enorme para poder facer todas as fotos que queramos. 

Disfrutare moito e Bo Nadal a tod@s!!