HALLOWEEN SWEETS CONTEST
O vindeiro martes 29 de Outubro, as compañeiras do Dpto de Inglés organizan unha degustación de postres terroríficos co alumnado da ESO.
Seguro que sorprenderán con creacións moi moi terroríficas!!!
Disfrutade moito!!
EXPOSICIÓN SELECCIÓN LECTURAS EN GALEGO
A nosa compañeira Rosa Alonso, profesora do Dpto de Galego, preparou unha selección de lecturas en galego de diferentes temáticas, para conmemorar o Dia das Bibliotecas.
Pasade pola Biblioteca cando queirades, e xa sabedes que as podedes levar, sempre formalizando primeiro o préstamo.
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
CONCURSOS SAMAÍN 2024
Xa temos aquí as convocatorias de varios concursos relacionados co Samaín, da man do Dpto de Galego e EDLG.
Modalidade de MICROTEATRO de SAMAÍN e RELATO de SAMAÍN.
Tamén estamos a preparar o Concurso das Calabazas tuneadas desde o Dpto de EPV.
Tendes as bases nos corchos da Biblioteca e Normalización.
Animádevos a participar!
VISITA A NOSA CHARCA
ORDENAMOS COLECCIÓNS
Unha das seccións que máis movimento ten, é a das coleccións.
Estivemos poñendo un gomet marrón para identificar mellor onde deben estar colocados estos libros, na Biblioteca.
E aquí vos deixamos ao alumnado colaborador, ordenando a estanteria.
Grazas mil! Facendo equipo todo e máis fácil!
DÍA das BIBLIOTECAS
Todo listo na biblioteca para visibilizar o vindeiro 24 de Outubro o DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Vinde pola Biblioteca para ver as exposicións que temos preparadas.
- Exposición " O libro Viaxeiro", alumnado de 4º ESO na materia de EPV.
- Exposición " Signaturas que son un tesouro", dos diferentes autores que pasaron polo noso IES e adicaron un exemplar das suas obras.
- Exposición con lecturas en Galego de diferentes temáticas.
CARTAZ BIBLIOTECA CURSO 2024-2025
O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar.