mércores, 25 de febreiro de 2026

FORMACIÓN EN VILA DE CRUCES

A responsable da Biblioteca, Ana Escudero, impartiu unha formación durante duas xornadas no colexio de Vila de Cruces a un grupo de traballo de docentes, para por en marcha a biblioteca, aprendendo o manexo do Programa KOHA.






luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Como todos os cursos estamos a preparar un montón de cousas relacionadas co Rosalía.

Esta semana cando tomemos café teremos un agasallo cun poema nunha tarxetiña, grasas ao traballo do noso compañero Xabier Pais, profesor de galego no IES.

Na biblioteca temos una exposición da obra de Rosalía e estamos a preparar unha lectura de poemas, para subir a blog de ENLD.

Feliz Dia de Rosalía!














xoves, 19 de febreiro de 2026

EXPURGO NA BIBLIOTECA

Aproveitando unha das xornadas do grupo de trabalho da Biblioteca, fixemos un gran expurgo para deixar valeiros alguns andeis das estontearias da biblioteca e facer cambios de lugar de varias temáticas de libros, como o comi e as coleccións.

Foi unha tarde moi aproveitada!!





sábado, 14 de febreiro de 2026

DÍA DO AMOR

Visibilizamos o Día do Amor, cunha bonita exposición na Biblioteca. O equipo de biblioteca preparamos unha selección de libros en diferentes idiomas, axudados para escollelos co programa KOHA.










mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

PARTE 1 (Actividad Sec Bil): 

Os alumnos e alumnas da sección bilingüe de Física e Química do curso 3º ESO A realizaron un traballo de revisión bibliográfica para recopilar información sobre doce científicas que, ou ben naceron en Galicia ou levan a cabo a súa labor investigadora na nosa comunidade. 


A partir dos datos recollidos deseñaron unha serie de pósters que foron expostos na biblioteca para conmemorar o día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro).


Con esta actividade o alumnado tomou conciencia da calidade e impacto da actividade científica desenvolvida por mulleres na actualidade e na súa contorna mais próxima.


















EXPOSICIÓN MÁSCARAS DE ENTROIDO 1º ESO

Aqui vos deixamos unhas cantas fotografías dos grandes traballos feitos polo alumnado de 1º ESO, no concurso de máscaras que cada curso convoca o Dpto de Debuxo.

Parabens polos traballos tan ben feitos presentados.










luns, 9 de febreiro de 2026

OBRAS DE MICROTEATRO NO ENTROIDO

O dpto de Galego organizou un concurso nos grupos de 1º ESO de microteatro no Entorilo. 

Aquí vos deixamos unha das representacións, na que os participantes foron os alumnos e alumnas de 1º ESO A, coa súa obra "Unha viaxe accidentada".