sábado, 18 de abril de 2026

MARCAPÁXINAS GAÑADOR

Como todos os anos o Dpto de Debuxo xunto coa Biblioteca, organiza o concurso do marcapáxinas nos grupos de 3º ESO.

Xa temos gañadora! Este ano a gañadora é Mía Celeste Reyes Navarro do grupo de 3º ESO A. Que fixo un precioso marcapáxinas que ilustra perfectamente a lectura.

O vindeiro xoves 23 de abril, día do libro será o agasallo para toda a Comunidade educativa.

Así que motivos parabéns!!





luns, 13 de abril de 2026

VISITA LOLA FERNÁNDEZ DE SEVILLA

Este luns 13 de abril recibimos a visita de Lola Fernández de Sevilla, autora de obras de teatro como Mapa-poema para niñas que se portan mal o Un segundo, dos segundos, tres segundos, así como ensaios como Ogros, espinacas y demás, co que levou o premio Juan Cervera de Investigación sobre Teatro para la Infancia y la Juventud.

Veu ensinarnos as claves para a escritura dramática nun obradoiro destinado ao grupo de Oratoria de 4º ESO no que aprendimos a importancia de deixar baleiros nos nosos textos para que sexa o espectador quen interprete e cubra eses baleiros "coma se fose un queixo Gruyére". 

Cíes e Uxía tamén tiveron a oportunidade de facerlle unha entrevista, que pronto poderedes escoitar, na que falamos sobre as dificultades do oficio da escritura, dos temas da literatura xuvenil, de viaxes e por suposto, de libros...porque xa temos ganas do 23 de abril!




xoves, 26 de marzo de 2026

EXPOCIENCIA EUROPEA

Este xoves, 26 de marzo, tres alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, parten cara Bruselas para representar a España na Expociencia europea, cun traballo sobre a contaminación das augas na Limia. O alumnado participante neste evento é:

Lucía Gómez Feijoo
Noa Rodríguez Enríquez
Hugo Camino García

Irán acompañados polo seu profesor, Miguel Yebra.

Desexámoslle moita sorte e agradecemos inmensamente o esforzo realizado para levar tan lonxe o nome do noso centro.

Parabéns ao alumnado e o seu profesor, xa que foron os únicos seleccionados en toda España.

Moi orgullosos!!








mércores, 25 de marzo de 2026

VISITA ESCRITOR CARLOS NEGRO

O pasado 25 de marzo visitounos o escritor Carlos Negro. Compartimos un bo rato de conversa e postas en común de diferentes lecturas que fixo crear un ambiente propicio de disfrute co alumnado de 2º ESO.

Moitas grazas a todos pola organización de este encontro.









martes, 24 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN LA RATONERA NO DÍA DO TEATRO

O alumnado de 2º ESO, xunto coas suas profesoras Chus e Claudia, fixeron uns traballos estupendos que están expostos na Biblioteca, para conmemorar o día do Teatro, o 24 de marzo.

Pasade cando queirades a ver as cousas tan bonitas que fixeron os alumnos/as de 2º ESO.

Parabéns a todos/as!!














venres, 20 de marzo de 2026

VISIBILIZAMOS O DÍA DA POESÍA E O DÍA DO TEATRO

O vindeiro 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía e o vindeiro 24 de Marzo conmemoramos o Dia do Teatro.

Desde a Biblioteca visibilizamos esas datas, con exposición e poesía .

Moitas grazas por participar !!









mércores, 18 de marzo de 2026

RADIO NAS ONDAS

Atención! convocamos concurso para crear o logo para a nosa radio.

Bases a continuación.

Anímate a participar!





ENTREGA PREMIOS CONCURSO MÁSCARAS

Por fin atopamos un rato para a entrega dos diplomas e premios ao alumnado gañador do concurso de máscaras de Entroido.

Parabens polos traballos tan estupendos gañadores nesta edición.












luns, 16 de marzo de 2026

EXPOSICIÓN DE HAEKUS 

Seguindo con diferentes actividades para conmemorar o Dia da Poesía, o alumnado de 2º ESO ten preparada coa súa profesora Chus Prol, unha exposición de traballos de Haikus no holl da cafetería.

Moitas grazas por vivibilizar o Día da poesía cos vosos fantásticos traballos!








venres, 13 de marzo de 2026

GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO

Aquí vos presentamos ao gañadores do concurso de máscaras deste curso.

Alumnado con cualidades artísticas claras que fixeron traballos artísticos top 10!

Parabens!