domingo, 3 de marzo de 2013

4 LECTORES ELECTRÓNICOS PARA A BIBLIOTECA



O 20 de febreiro a nosa biblioteca recibiu catro lectores electrónicos o 20 de febreiro grazas a un proxecto piloto, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O equipo da biblioteca ao completo (Ana-profesora de Plástica-, Maite-profesora de Física e Química-, Natalia-profesora de Economía- e Carmen-profesora de Lingua e Literatura)  posa cos lectores. Tamén alumnos do PCPI, que estaban lendo na biblioteca, se sumaron á sesión de fotos. 

O equipo mantén o compromiso coa lectura e está encantado de dispor de máis recursos que ofrecer ao alumnado para facilitarlle o acceso á lectura en todo tipo de soportes.

Máis información na páxina de bibliotecas escolares


Ningún comentario:

Publicar un comentario