xoves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA



Hoxe, día da árbore, da poesía e da eliminación da discriminación racial lembramos a Wangari Maathai, a primeira muller Doutora de África oriental e premio Nobel da Paz. Nacida en Kenia, creou un movemento ecoloxista en 1977 ao que chamou “Movemento Cinto Verde”, convencida de que a ecoloxía era e é un camiño rigoroso e firme para alcanzar a paz. 

Lembramos algunhas palabras dela.

"Ata que non caves un buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas sobrevivir, non fixeches nada. Só estás falando."

"A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente: a degradación ambiental e a pobreza van xuntas."

"Unha árbore ten raíces no chan e ramas que rozan o ceo, e recórdanos que para prosperar temos que saber de onde vimos."

“Non podemos quedar sentadas a ver como morren de fame os nosos fillos. Se non tedes leña, plantade árbores.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario