Como vén sendo costume
dende fai tres anos, poñemos novamente en movemento a HORA DE LER.
Xa comezaches con ela
o pasado luns 30 de setembro e continuaremos
seguindo o horario para tal fin. Xa sabedes que o noso centro ten unha
hora á semana de lectura.
Para o novo alumnado
de 1º ESO foi unha novidade, aínda que algúns xa a tiñan nos seus coles
organizada de diferentes maneiras.
Dende a Biblioteca
queremos contarvos que para poder poñela en marcha tivemos a axuda fundamental
de moitos dos vosos compañeiros da ESO que axudaron os membros do equipo de
biblioteca a organizar as caixas que tendes nas vosas aulas.
Recordade que a HORA
DE LER é un dereito que tendes como alumnos-as e que está aí para que gozades
con ela. Podedes traer as vosas lecturas favoritas para ler, empregar ese rato
de lectura para avanzar nas vosas lecturas obrigatorias ou ben coller das
lecturas que tendes nas vosas caixas nas aulas, iso si, mantendo as normas que
xa sabedes.
Esperamos que saquedes
o máximo proveito desta actividade e tamén esperamos todas as suxestións que creades
oportunas facer chegar á vosa biblioteca.
BOAS
LECTURAS PARA TOD@S!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario