domingo, 30 de novembro de 2014

PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE PROFES

Celebrouse a primeira tertulia do club de lectura de profes na Taberna Acevedo de Xunqueira de Ambía combinando literatura e gastronomía. O libro que inaugurou a xornada foi El chico, de Steve Hamilton, unha novela de intriga contada por un rapaz que non fala pero que, non obstante, é capaz de comunicarse coas persoas coas que se relaciona. A historia engancha porque mantén a incertidume e dosifica a información. Describe con precisión o mundo da delincuencia en todas as súas formas, explora vehículos de comunicación coma o cómic, fala da intervención do azar na vida das persoas, do amor, da capacidade de superación, da necesidade de escoitar…

Ningún comentario:

Publicar un comentario