Fai uns días visitóunos María Solar: escritora e xornalista, presentadora na Televisión de
Galicia e na Radio Galega. Centrada no mundo da comunicación, é licenciada en
Xornalismo e en Bioloxía, e diplomada en Maxisterio.
Falou da súa última
novela:Os nenos da varíola. Desta volta, achégase a unha das aventuras
máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non
tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos,
brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da
Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do
doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel
determinante.
O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a
este libro, xa non o serán máis nunca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario