MARCAPÁXINAS GAÑADOR
Xa temos gañador do concurso de marcapaxinas deste curso.
Yerai Moure Lama de 3º ESO C. Noraboa!!
O seu magnífico traballo, cheo de sensibilidade foi votado polo xurado por unanimidade.
Durante esta semana, toda a Comunidade Educativa recibiu de agasallo o marcapáxinas gañador, para conmemorar "O Dia do libro", no Instituto.
Este curso o texto que acompaña ao marcapáxinas, é do escritor Michael Ende, da sua obra " A historia interminable", e dice así...
"Todo se repite eternamente: día e noite, verán e inverno ..., o mundo está baleiro e non ten sentido. Todo se move en círculos. O que aparece debe desaparecer e o que nace debe morrer. Todo pasa: o ben e o mal, estupidez e sabedoría, beleza e felicidade. Todo está baleiro. Nada é verdade. Nada é importante. "
Ningún comentario:
Publicar un comentario