sábado, 11 de febreiro de 2023

 #11F  Día da Muller e a Nena na Ciencia no IES Lagoa de Antela 

O 11 de febreiro celébrase o día da muller e a nena na ciencia. Coa intención de dar visibilidade a este día e por en valor a ciencia feita por mulleres desde o departamento de Bioloxía e Xeoloxía xunto coa Biblioteca realizáronse diversas actividades:
 
Organizouse durante dúas semanas unha exposición de libros de ciencia escritos por mulleres, onde se destaca alén da divulgación científica a importancia da ilustración científica feita por mulleres.
 
 
Ademais o alumnado de 3ºB e C e 4ºC recolleu datos sobre as biografías de mulleres científicas da súa familia (mulleres matemáticas, farmacéucticas, químicas, biólogas...) e con elas realizamos a exposición Mulleres de ciencia na Limia, poñendo en valor os estudos e traballos destas mulleres e dando a ver a ciencia como algo próximo e cotiá.


 
O alumnado de 1º, 3ºB e C e 4º C viu o vídeo do movemento mundial #NoMoreMatildas (ligazón www.nomorematildas.com ), unha iniciativa que busca recuperar referentes científicos para inspirar e fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes. Un vídeo que deu pé a reflexión e ao debate sobre o machismo na ciencia.

 
Aquí deixamos a ligazón ao video https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0
 
O alumnado de 3ºC realizou tamén unha visita ao laboratorio, onde levamos a cabo unha disección dun pulmón xa que están a estudar o aparelho respiratorio.


 
Pola súa banda o alumnado de 1º de ESO estivo traballando coa biografía dunha botánica e ilustradora moi importante Mary Agnes Chase. Traballando con grupos cooperativos realizaron unha análise da súa biografía e entenderon os obstáculos que atopan as mulleres que se queren dedicar á ciencia. Ademais fixeron unha saída de campo para identificar os diferentes tipos de vexetais que podemos atopar no xardín do centro, e realizaron no seu caderno de campo varias ilustracións de vegetáis.  


 
Por último, o alumnado de 4ºC da materia Ciencias Aplicadas está a traballar tamén preparando presentacións sobre as biografías de diferentes mulleres científicas famosas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario