UNHA INVASIÓN SILENCIOSA
Desde o dpto. de Bioloxía e Xeoloxía e o dpto. de Artes plásticas, e en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA vimos de instalar na cafetería do Instituto a Exposición: Unha invasión Silenciosa. A biodiversidade baixo amenaza.
A introdución de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario.
A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das Especies Invasoras. Explícanos que son, cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns. Tamén nos informa sobre algunhas cuestións que podemos facer para atallar este problema.
Durante os vindeiros días realizaremos diversas visitas co alumnado para ensinárllela e para facer un pequeno cuestionario.
Ata o 12 de maio a exposición estará no noso centro e a continuación pasará ao IES Cidade de Antioquía ata o día 24 de maio.
Agardamos que sexa do voso interese!
Esta exposición, máis a saída ao río que faremos con alumnado de 1ºESO, enmárcase no proxecto Fluviatilis, unha iniciativa onde diversas organizacións a nivel estatal realizan accións para coñecer e conservar os medios fluviais.
Enlace ADEGA:
Ningún comentario:
Publicar un comentario