luns, 18 de decembro de 2023

CADERNOS DE CAMPO co alumnado de 1º ESO

O caderno de campo é unha ferramenta imprescindible para coñecer a natureza.
Permítenos deixar voar a imaxinacion e gardar información de aquelo que máis nos interese e da maneira que máis nos guste.
Podemos debuxar, podemos escribir, podemos recoller e pegar nel aquelo que nos chama a atención…
Ademais, cada día podemos facelo dunha forma diferente.

Con esta intención o alumnado de 1º ESO pasou varios días recollendo información sobre a natureza que os rodea preto das súas casas.
Recolectaron datos de rochas e minerais, observaron insectos, fungos, mamíferos, aves…
Algúns empregaron aplicacións para identificar a flora e a fauna, e outros optaron por debuxar aquelo que máis lles gustaba. Apuntando sempre onde e cando se recollían os datos.

Unha mostra do seu trabalho realizado polo alumnado de 1º ESO coa axuda da sua profesora Lucia Parente, foi o que puxemos no corredor do centro.
Pero aínda queda moita información por recoller e moita biodiversidade que observar, os cadernos seguiran recollendo tesouros ao longo do curso, e algúns quizais depois.














Ningún comentario:

Publicar un comentario