xoves, 22 de decembro de 2022

SAÍMOS NO XORNAL

Os alumnos gañadores do Concurso de Postais de Nadal, son protagonistas no especial Nadal do periódico La Región.




martes, 20 de decembro de 2022

ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAL NADAL

Nesta 26ª edición do tradicional concurso da Postal de Nadal, os premiados foron os seguinte alumnos:

1º PREMIO: Carla Gómez Gómez, 3º ESO C

2º PREMIO: Pablo Torres Pérez, 3º ESO A

3º PREMIO: Brais Fernández Fernández, 3º ESO C

Moitas felicidades!








GAÑADORES CONCURSO POSTAL NADAL

Este curso o Dpto. de Debuxo puxo en marcha a 26ª convocatoria do tradicional concurso de Postal de Nadal.

O alumnado de 3º ESO fixeron uns estupendos traballos que temos expostos no panel principal do corredor do segundo ciclo da ESO.

Aquí deixamos as fotos do alumnado cos seus traballos premiados.

Noraboa polos estupendos traballos presentados!









xoves, 15 de decembro de 2022

FELICITACIÓN NADAL

Desde a biblioteca do IES Lagoa de Antela os felicitamos estas festas de Nadal con este bonito recuncho do noso lugar favorito do IES.

Que o Novo Ano 2023 continúe achegando a nosa biblioteca moitos momentos bos, estupendas lecturas e moita felicidade.

Grazas a tod@s por formar parte deste proxecto.


EXPOSICIÓN ADN

O Dpto de bioloxía realizou estos estupendos traballos en 3º ESO, do ADN.

Están expostos para que disfrutemos e aprendamos deste gran traballo.








mércores, 14 de decembro de 2022

FANZINE

Este curso continuamos co proxecto da creación dun fanzine, no que participan unha selección de alumnado de diferentes cursos con cualidades artísticas relevantes, que fan que poidamos sacar adiante este proxecto tan enriquecedor.

O proxecto dirixido polo profesor de debuxo Horacio, dentro das actividades previstas no Dpto. de Debuxo, levounos a ter reunión todos os mércores no 1º recreo.

Este curso estamos usando o novo espazo creado como espazo multifuncional e que nos permite traballar con moita luz  e sen pasar frío, dado que está dotado de calefacción.

Xa está todo en marcha para sacar moi pronto a primeira das entregas do fanzine deste curso.

Non queda nada para ver e coñecer o gran traballo dos nosos artistas!











luns, 12 de decembro de 2022

FAROLILLOS

O alumnado de 1º ESO, da man do seu profesor de EPV e tecnoloxía, fixeron unha bonita actividade consistente no diseño dun farolillo con luz.

A montaxe está instalada no edificio B, dando paso á decoración do Nadal.

Precioso traballo!









sábado, 10 de decembro de 2022

EXEMPLOS POSTAIS NADAL

Todas as postais presentadas ao Concurso son espectaculares. Difícil decidir cales serán as tres mellores, así que o xurado vaino ter moi difícil.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas das postais presentadas.

Noraboa por un traballo moi ben feito!












CONCURSO POSTAL NADAL

Un ano máis (este curso a 26º edición), o Dpto. de EPV organizou o Concurso das Postais de Nadal.

O mural con todas as postais presentadas polo alumnado de 3º ESO, xa está preparado, anunciando o Nadal e listo para disfrutar dos traballos tan chulos, feitos polo alumnado na materia de EPV.

Aquí vos deixamos unha mostra destes traballos.

Noraboa!