xoves, 20 de xuño de 2024

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un curso máis chegamos ao final de curso e desde a Biblioteca poñemos a vosa disposición o préstamo das Mochilas Viaxeiras.

Na biblioteca tendes toda a información que precisades.

Boas lecturas neste verán.







mércores, 5 de xuño de 2024

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 3º ESO

O alumnado participante do Club de lectura de 3º ESO, tivo a súa última xuntanza o pasado 5 de xuño, coa súa coordinadora Julia, profesora de Lengua española no IES.

Remataron a lectura " Romeo y Julieta" de Shakespeare.







sábado, 1 de xuño de 2024

NOVA LECTURA NO CLUB DE LECTURA

Xa temos decidida a primeira lectura do Club de lectura "Arroz con cháchara" do vindeiro curso, para poder ter a posibilidade de ler no verán.

A lectura é " La escuela de canto" de Nell Leyshon.

Disfrutade da lectura!




luns, 20 de maio de 2024

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

A nosa xuntanza do Club de lectura do IES Lagoa de Antela xirou en torno a lectura " Un lugar seguro" de Isaac Rosa.
Varios docentes pasamos un bo rato falando dos personaxes da lectura e pensando xa na seguinte lectura.
Moitas grazas a nosa coordinadora dos clubs de lectura, Julia por preparar todo con tanto detalle.










sábado, 18 de maio de 2024

LUISA VILLALTA DO IES Á VILA

Este curso 2024, a poesía da escritora homenaxeada Luísa Villalta, saíu do IES para chegar a praza maior de Xinzo.

En colaboración co concello e coa axuda do Dpto de Debuxo, foi posible a execución dunhas lonas onde aparecen textos de Luisa Villalta.

O alumnado de 1º e 2º ESO recitaron os versos, na praza maior de Xinzo xunto aos representantes do Concello.





MARÍA LADO e LUCÍA ALDAO

O dúo poético- musical deleitou ao alumnado de 1º BAC, 4º ESO e 2º ESO cos seus recitados musicais. Ademais realizaron un centón colectivocon versos de autores galegos de todos os tempos.








venres, 17 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

LUISA VILLALTA

Este curso para o Día das Letras Galegas fixemos unha bonita exposición , para poder traballar con ela no IES.

O alumnado de 4º ESO, na matería de EPV fixo uns murais tipografícos dirixidos polo seu profesor Horacio, é que tamén levaremos a vila para expoñerlos.

Tamén atopamos poemas feitos polo alumnado de 4º ESO con títulos de libros.