luns, 25 de marzo de 2024

SEMANA EUROPEA DA ARTESANIA

O IES Lagoa de Antela vai organizar unha serie de actividades en colaboración coa Fundación de artesanía de Galicia, para celebrar os días europeos da artesanía, a semana do 2 ao 5 de abril.

Coas seguintes actividades: 

Exposición de cestería tradicional elaborada con pezas dunha colección particular punto con pezas escollidas polo alumnado do centro. Estará visible no corredor do noso centro desde o luns 4 de marzo ata o vendes 5 de abril.

Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 1º ESO do centro, impartido por La Parabólica e financiado pola Fundación Artesanía de Galicia. Este obradoiro celebrarase na aula de tecnoloxía de 1º ESO, en carro grupos de 23 rapaces e rapazas. O primeiro grupo fará o obradoiro martes 2 de 10:30 a 12:10, o segundo grupo o martes 2 de 12:30 a 14:10, o terceiro grupo o mércores de 3 de 10:30 a 12:10 e o cuarto grupo o mércores 3 de 12:30 a 14:10.

Obradoriro de iniciación á olería para o alumnado de Educación Plástica de 4º ESO impartido por alfarería Agustín e financiado polo IES Lagoa de Antela. Este obradoiro celebrarase na aula de plástica de 4º ESO o mércores 3 de 10:30 a 14:10, nun único grupo de 22 rapaces e rapazas.

Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 3º da ESO do centro, impartido por Bugarda, financiado polo Concello de Xinzo de Limia.

Este obradoiro celebrarse o xoves 4 na aula de tecnoloxía de 1º da ESO, en tres grupos de 26, 17 e 18 rapaces e rapazas. O primeiro grupo faría o obradoiro de 8:30 a 10:10, o segundo de 10:30 a 13:10 e o terceiro grupo de 12:30 a 14:10.




xoves, 21 de marzo de 2024

VISIBILIZAMOS O DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrase o Día da Poesía, e a nosa Biblioteca ten preparada unha exposición con libros en varios idiomas e de diferentes autores.

Que disfrutades moito da poesía!!









venres, 8 de marzo de 2024

VISIBILIZAMOS O 8 DE MARZO

No IES visibilizamos a data do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

E damos a grazas a nosas axudantas Nerea e Paula por facelo posible coa súa inestimable axuda.






mércores, 6 de marzo de 2024

ACTIVIDADES DO 8M

A " SEGURIDADE VIOLETA" chega ao noso IES,, dentro da programación do 8M, que pretende dar resposta á necessidade de educar en igualdade e na prevención de violentas machistas. O alumnado creará propostas audiovisuais que eserán expostas ó público o día 22 de marzo na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.




martes, 5 de marzo de 2024

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN

O Dpto de Educación Física, dentro dos programas CPinnova e Esaúde, organizou unhas charlas sobre nutrición e alimentación saudable, impartidas pola nutricionista Lorena Fernández, a todo o alumnado da ESO.







mércores, 21 de febreiro de 2024

VISIBILIZAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e xa temos preparados diferentes espazos para visibilizarlo.

Na Biblioteca temos montada unha pequena exposición coas súas obras.

Na entrada do IES, a nosa alumna Nerea Paz de 3º ESO A, fixo este bonito debuxo.










luns, 19 de febreiro de 2024

DÍA CONTRA A LGTBfobia NO DEPORTE

O 19 de febreiro celébrase o día contra a LGTBfobia no deporte.
Este día lémbrase e faise homenaxe a Justin Fashanu, un futbolista do Norwich City que foi dos primeiros en falar de homosexualidade en 1990. Justin terminou suicidándose en 1998, logo de oito anos marcados polo acoso e a violencia homófona.

Dende o departamento de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, dentro dos programas Iguala-T e Emociona-T xunto coa colaboración da Biblioteca do noso centro, queremos facer ver que afortunadamente hai moitas persoas do colectivo LGTBQ+ que destacan no mundo do deporte e defenden os seus dereitos. Para darlles voz instalouse unha exposición promovida pola Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.

Coa esperanza de que ninguén se sinta discriminado  no deporte por querer ser o que decida, ou querer a calquera outra persoa,  celebramos este día.









sábado, 17 de febreiro de 2024

ENTREGA PREMIOS ENTROIDO 2024

Despoís destas datas tan especiais en Xinzo, facemos entrega dos diplomas e vales aos premiados no Concurso de Máscaras de Entroido que o Dpto de Debuxo e EPV, fai todos os anos no noso IES.

Moitas felicidades ao noso alumnado gañador e moitas grazas ao resto de alumnos e alumnas participantes de 1º ESO e 3º ESO, polos vosos espectaculares traballos.

Estamos moi orgullosos de todos vos!













venres, 16 de febreiro de 2024

DIPLOMAS PREMIOS ENTROIDO 2024

Todo listo para a entrega de premios aos gañadores do concurso de máscaras do Entroido, un ano máis.






venres, 9 de febreiro de 2024

XAIMOS NO XORNAL!

O especial do Entroido no xornal La Región, publica hoxe o noso concurso de máscaras.





xoves, 8 de febreiro de 2024

XV Olimpíada de Xeoloxía no Xeoparque do Courel

 

O pasado 7 de febreiro o alumnado de 1º BAC – B participou na XV Olimpíada de Xeoloxía nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) que foi organizada pola AEPECTGalicia (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de La Tierra- Galicia).

 

A olimpíada celebrouse simultaneamente en 4 sedes: Santiago, Vigo, Xeoparque Montañas do Courel e Xeoparque de Cabo Ortegal, congregando ao alumnado das catro provincias galegas.

 

Xunto con outros 6 centros da provincia de Ourense e Lugo, o IES Lagoa de Antela achegouse a Quiroga para realizar as diferentes probas. Loga da benvida e as e indicacións, comezaron cunha xincana por toda a Vila de Quiroga. Alí tiveron que superar 12 probas centradas na xeoloxía do lugar, na historia da terra, recoñecemento de minerais e rochas, e outros conceptos xeolóxicos. Logo desta primeira proba o alumnado realizou unha proba escrita de xeito individual.

Pola tarde visitaron primeiramente o museo xeolóxico de Quiroga, tamén asistiron a unha demostración de bateo para atopar ouro, e para rematar houbo unha visita ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana no concello veciño de Ribas de Sil.

O día rematou coa entrega de premios para os gañadores das probas.

O alumnado pasou un día centrado na materia de xeoloxía, coñecendo diferentes lugares, e aprendendo cousas novas.

Agardamos participar nas vindeiras edicións. 

 

A olimpíada é organizada por AEPECT – Galicia en colaboración coa USC, UVigo, UDC e os dous Xeoparques galegos.