martes, 21 de outubro de 2025

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Dia das Bibliotecas o vindeiro 24 de Outubro proponemos unha exposición cos títulos dos libros favoritos de cada un de nos.

Así visualizaremos moitas posibilidades de lecturas orredor da Biblioteca e os seus fondos.

Animádevos a participar!!



venres, 10 de outubro de 2025

OUTONO 2025

Xa chegou ou OUTONO no IES Lagoa de Antela!

A Biblioteca está a preparar moitas cousas!



domingo, 7 de setembro de 2025

BENVIDA AO NOVO CURSO

Todo listo para empezar!!! A vosa Biblioteca xa está preparada!

Bo comezo de curso 2025/26!!

mércores, 4 de xuño de 2025

ESPAZOS NOVOS NA BIBLIOTECA

No noso IES, nun lugar destacado da biblioteca, xa temos preparado o recuncho da radio, que montaremos nos vindeiros días e do cal gozaremos tanto neste final de curso, como en todo o que está por vir no seguinte.


Ademais, durante esta semana, a biblioteca renovou a súa imaxe, substituíndo a antiga pizarra dixital por un novo panel dixital, que converterá este espazo tan polivalente do noso centro, nun lugar tecnoloxicamente punteiro, preparado para continuar desenvolvendo unha infinidade de actividades dentro dunha biblioteca LÍA 3.






 MOCHILAS VIAXEIRAS

Un curso máis chegamos ao final de curso e desde a Biblioteca poñemos a vosa disposición o préstamo das Mochilas Viaxeiras.

Na biblioteca tendes toda a información que precisades.

Boas lecturas neste verán.





xoves, 3 de abril de 2025

TERTULIAS LITERARIAS

Na tarde do 3 de abril, celebrouse no Liceo de Ourense unha tertulia literaria moi especial entre o escritor Alberto Mancebo e un grupo de escolares arredor do seu libro Indolente. No fermoso salón da entidade, parte do alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Lagoa de Antela, co libro nas mans, compartiron co autor as súas impresións, preguntas e emocións provocadas pola lectura. Mancebo, próximo e reflexivo, falou da orixe da obra, dos conflitos interiores do protagonista e dos silencios que percorren as páxinas. Os estudantes, atentos e participativos, descubriron novos matices do libro e comprenderon o valor da escrita como ferramenta para coñecerse a un mesmo e aos demais. A tertulia converteuse nun espazo vivo de diálogo entre xeracións, sensibilidades e maneiras de ver o mundo.







mércores, 12 de marzo de 2025

OLIMPIADA MATEMÁTICA

O Dpto de matemáticas celebra unha semana de moitas actividades no espazo da aula creativa, para conmemorar a semana das matemáticas.

Xogos, charlas e encontros que seguro disfrutaremos todos e todas con moitas gañas.