CLUBS DE LECTURA 4º ESO
venres, 19 de decembro de 2025
Con este club de lectura sumámonos á 3º convocatoria dos Premios Tinta de Lura organizados polo IES Rodeira de Cangas do Morrazo xunto con o IES Universidade Laboral de Ourense os IES Rosales II (Vigo) e IES Auga da Laxe (Gondomar).
As sesións desta primeira avaliación empezaron o 22 de outubro e a partir de entón, xuntámonos os mércores no primeiro lecer e cada dúas semanas. Os sete participantes e a coordinadora limos na seguinte orde as tres bandas deseñadas seleccionadas polo profesorado participante en castelán:
El otro mundo de Enrique Bonet e Joaquín López Cruces
Carcoma de Andrés Garrido
Buena gente de Isaac Sánchez
O alumnado asistíu con regularidade as sesións e amosou interese pola lectura e a valoración posterior dos libros lidos sendo o máis votado Buena gente, seguido de Carcoma e por último, El otro mundo. Para emitir o seu xuízo, valoraron cuestións como a orixinalidade e interese da historia, o desenvolvemento das personaxes, a utilidade do debuxo para a comprensión da trama ou a súa estética. En xeral, valoraron moi positivamente Buena gente porque o debuxo era moi realista e o dilema moral que mostra lles resultou moi interesante para debater nas sesións. Entre debates, comentario, reflexións e xogos sobre os libros lidos foron transcorrendo os leceres nos que nos xuntamos no anexo da biblioteca para aproveitar os vinte minutos ao máximo.
luns, 15 de decembro de 2025
PROXECTO MEMORIA VIVA
No mes de decembro o alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º de ESO B, C, D participou nun proxecto de recolleita de información relacionado coa Tradición Oral familiar, para o que se entrevistaron con persoas maiores para a continuación presentar os resultados nun mural compoñendo un collage colectivo.
Cada alumno-a falou con avós, avoas, tíos, tías... e pedíronlles que lle contasen romances, lendas, contos, coplas, cancións, refráns... Rexistraron os datos de cada informante e fixeron unha reflexión persoal sobre o que aprenderon coa actividade. Para a maioría foi un agasallo partillar tempo de calidade coas persoas maiores das súas casas e sorprendeunos a cantidade de saberes que albergan.
Cabe destacar que alumnado procedente de Marrocos, Perú, Venezuela... achegaron lendas dos seus países que nos agradou coñecer.
Por último, a actividade serviu para que a maioría dos alumnos-as puxesen en valor a súa vea artística e creatividade chegando a realizar murais espectaculares para os que botaron man de recursos de todo tipo: materias de refugallo, teas, papeis de cores, follas de árbores.
En definitiva, valoramos moi positivamente estas tarefas de reconstrución de memoria colectiva nas que participa toda a comunidade escolar. Parabéns!
luns, 1 de decembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
venres, 24 de outubro de 2025
CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO
Aproveitando a data do día das bibliotecas, comenzamos o primeiro club de lectura do profesorado coa obra da autora Elvira Lindo "En la boca del lobo".
O alumnado de FP básica de cociña, preparou un almorzo no segundo lecer na xuntanza que tivemos para a repartición dos libros.
Moitas grazas a nosa compañeira Sandra Pesqueira, pola organización.
Comenza Arroz con Chachara!!
martes, 21 de outubro de 2025
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































