DÍA CONTRA A LGTBfobia NO DEPORTE
O 19 de febreiro celébrase o día contra a LGTBfobia no deporte.
Este día lémbrase e faise homenaxe a Justin Fashanu, un futbolista do Norwich City que foi dos primeiros en falar de homosexualidade en 1990. Justin terminou suicidándose en 1998, logo de oito anos marcados polo acoso e a violencia homófona.
Dende o departamento de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, dentro dos programas Iguala-T e Emociona-T xunto coa colaboración da Biblioteca do noso centro, queremos facer ver que afortunadamente hai moitas persoas do colectivo LGTBQ+ que destacan no mundo do deporte e defenden os seus dereitos. Para darlles voz instalouse unha exposición promovida pola Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.
Coa esperanza de que ninguén se sinta discriminado no deporte por querer ser o que decida, ou querer a calquera outra persoa, celebramos este día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario