martes, 24 de setembro de 2024

ORDENAMOS COLECCIÓNS

Unha das seccións que máis movimento ten, é a das coleccións.

Estivemos poñendo un gomet marrón para identificar mellor onde deben estar colocados estos libros, na Biblioteca. 

E aquí vos deixamos ao alumnado colaborador, ordenando a estanteria.

Grazas mil! Facendo equipo todo e máis fácil!




venres, 20 de setembro de 2024

DÍA das BIBLIOTECAS

Todo listo na biblioteca para visibilizar o vindeiro 24 de Outubro o DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Vinde pola Biblioteca para ver as exposicións que temos preparadas.

- Exposición " O libro Viaxeiro", alumnado de 4º ESO na materia de EPV.

- Exposición " Signaturas que son un tesouro", dos diferentes autores que pasaron polo noso IES e adicaron un exemplar das suas obras.

- Exposición con lecturas en Galego de diferentes temáticas.


xoves, 12 de setembro de 2024

CARTAZ BIBLIOTECA CURSO 2024-2025

O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar. 
 
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.


mércores, 11 de setembro de 2024

BENVIDA Á BIBLIOTECA 

Xa estamos aquí!

Benvid@s a vosa Biblioteca un curso máis!