domingo, 20 de outubro de 2024

CONCURSOS SAMAÍN 2024

Xa temos aquí as convocatorias de varios concursos relacionados co Samaín, da man do Dpto de Galego e EDLG.

Modalidade de MICROTEATRO de SAMAÍN e RELATO de SAMAÍN.

Tamén estamos a preparar o Concurso das Calabazas tuneadas desde o Dpto de EPV.

Tendes as bases nos corchos da Biblioteca e Normalización.

Animádevos a participar!



venres, 18 de outubro de 2024

CHEGA O SAMAÍN!!

Todo listo para visibilizar o Samaín no IES coa axuda do noso alumnado colaborador!



xoves, 3 de outubro de 2024

VISITA A NOSA CHARCA

Hoxe tivemos visita do IES do Barral (Ponteareas).
@luso_barral

35 rapazas e rapaces de 3º ESO e o profesorado achegáronse ata Xinzo xa que queren recuperar unha charca no seu centro, e para iso quixeron visitar o noso pequeno humidal, construído o ano pasado por alumnado de 1ºESO no proxecto Refuxios.

O alumnado foi recibido por 4 alumnos e alumnas de 2ºESO que impartiron unha charla con todos os detalles do proxecto, desenvolvido por eles mesmos o curso anterior.

O alumnado do Lagoa expuxo o proceso de deseño e construción e as especies identificadas ata o de agora.

A seguir todo o grupo se desprazou á propia charca para facer unha mostraxe onde recollemos e identificamos a flora e fauna acuática.

Logo desta visita tamén puideron visitar a exposición Mar de Antela e descubrir todo o proceso de deseño e construción da mesma.

Unha vez rematada a visita, o alumnado pasou a visitar o IES Cidade de Antioquía onde tamén visitaron a súa charca.

Moitas grazas pola visita! Agardamos novas do voso proxecto.