venres, 9 de febreiro de 2024

XAIMOS NO XORNAL!

O especial do Entroido no xornal La Región, publica hoxe o noso concurso de máscaras.





xoves, 8 de febreiro de 2024

XV Olimpíada de Xeoloxía no Xeoparque do Courel

 

O pasado 7 de febreiro o alumnado de 1º BAC – B participou na XV Olimpíada de Xeoloxía nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) que foi organizada pola AEPECTGalicia (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de La Tierra- Galicia).

 

A olimpíada celebrouse simultaneamente en 4 sedes: Santiago, Vigo, Xeoparque Montañas do Courel e Xeoparque de Cabo Ortegal, congregando ao alumnado das catro provincias galegas.

 

Xunto con outros 6 centros da provincia de Ourense e Lugo, o IES Lagoa de Antela achegouse a Quiroga para realizar as diferentes probas. Loga da benvida e as e indicacións, comezaron cunha xincana por toda a Vila de Quiroga. Alí tiveron que superar 12 probas centradas na xeoloxía do lugar, na historia da terra, recoñecemento de minerais e rochas, e outros conceptos xeolóxicos. Logo desta primeira proba o alumnado realizou unha proba escrita de xeito individual.

Pola tarde visitaron primeiramente o museo xeolóxico de Quiroga, tamén asistiron a unha demostración de bateo para atopar ouro, e para rematar houbo unha visita ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana no concello veciño de Ribas de Sil.

O día rematou coa entrega de premios para os gañadores das probas.

O alumnado pasou un día centrado na materia de xeoloxía, coñecendo diferentes lugares, e aprendendo cousas novas.

Agardamos participar nas vindeiras edicións. 

 

A olimpíada é organizada por AEPECT – Galicia en colaboración coa USC, UVigo, UDC e os dous Xeoparques galegos.










mércores, 7 de febreiro de 2024

PREMIOS SAN CLEMENTE

Un ano máis, o IES Lagoa de Antela vén de participar o mércores 7 de febreiro na entrega dos Premios Literarios San Clemente. Asistiron ao acto os nosos alumnos Rodrigo Díaz, Imane Harak, Carmen Mariño, Mateo Rúa e Alexandra Virtus, acompañados polas profesoras Belén Castro e Julia Pulido.







luns, 5 de febreiro de 2024

ACTIVIDADE EN EPV

O alumnado do Fanzine e de 4º ESO na materia de EPV, dirixido polo seu profesor Horacio, realizaron unha bonita actividade consistente na realización dun dragón para celebrar o Ano Novo chinés. Empregaron técnicas de pincel e tinta, aprendendo ademais o significado da escritura e caracteres chineses.








domingo, 4 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN CONCURSO MÁSCARAS 3º ESO

Aqui vos deixamos o precioso mural que fixemos montando a exposición de máscaras de Entroido do alumnado de 3º ESO.

Estupendos traballos!








sábado, 3 de febreiro de 2024

CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO - GAÑADORES 1º ESO

Estos son os alumnos gañadores do Concurso de máscaras de Entroido deste curso, que todos os anos organiza o Dpto de Debuxo e Plástica do noso IES.

Gabriel Araujo Conde de 1º ESO C

Leo Rodríguez Enriquez de 1º ESO E

Hugo González Quintas de 1º ESO B

Noraboa ós tres polos magníficos traballos presentados!








venres, 2 de febreiro de 2024

EXPOSICIÓN CONCURSO MÁSCARAS 1º ESO

Aqui vos deixamos as fotos cos traballos das máscaras dos grupos de 1º ESO.

E tamén as tres máscaras gañadoras.

Preciosos traballos! Noraboa pola vosa creatividade de alto nivel!