mércores, 11 de febreiro de 2026

EXPOSICIÓN MÁSCARAS DE ENTROIDO 1º ESO

Aqui vos deixamos unhas cantas fotografías dos grandes traballos feitos polo alumnado de 1º ESO, no concurso de máscaras que cada curso convoca o Dpto de Debuxo.

Parabens polos traballos tan ben feitos presentados.










luns, 9 de febreiro de 2026

OBRAS DE MICROTEATRO NO ENTROIDO

O dpto de Galego organizou un concurso nos grupos de 1º ESO de microteatro no Entorilo. 

Aquí vos deixamos unha das representacións, na que os participantes foron os alumnos e alumnas de 1º ESO A, coa súa obra "Unha viaxe accidentada".







venres, 6 de febreiro de 2026

EXPOSICIÓN MÁSCARAS ENTROIDO 3º ESO

Xa temos preparados como todos os anos por estas datas a exposición cos traballos das Máscaras do alumnado de 3º ESO, participantes no Concurso que desde o Dpto de debuxo celebramos no Entroido. Este ano xa  a 29ª edición.

Espectaculares traballos! Parabens!











mércores, 14 de xaneiro de 2026

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE CIENCIAS SOCIAIS

A nosa compañeira do Dpto de historia Paz Prada, xunto cos seus alumnos presentan os seguintes traballos:

"VISUAL THINKING"

Aprender historia debuxando. Historia do Mundo Contemporáneo. 1º Bacharelato A.

-ELABORAMOS UN PAPIRO EXIPCIO.

Ciencias sociais. 1º ESO A.

Parabéns ao todo o alumnado participante por estos estupendos traballos !!








venres, 19 de decembro de 2025

CLUBS DE LECTURA 4º ESO

Con este club de lectura sumámonos á 3º convocatoria dos Premios Tinta de Lura organizados polo IES Rodeira de Cangas do Morrazo xunto con o IES Universidade Laboral de Ourense os IES Rosales II (Vigo) e IES Auga da Laxe (Gondomar).

As sesións desta primeira avaliación empezaron o 22 de outubro e a partir de entón, xuntámonos os mércores no primeiro lecer e cada dúas semanas. Os sete participantes e a coordinadora limos na seguinte orde as tres bandas deseñadas seleccionadas polo profesorado participante en castelán:

El otro mundo de Enrique Bonet e Joaquín López Cruces
Carcoma de Andrés Garrido 
Buena gente de Isaac Sánchez

O alumnado asistíu con regularidade as sesións e amosou interese pola lectura e a valoración posterior dos libros lidos sendo o máis votado Buena gente, seguido de Carcoma e por último, El otro mundo. Para emitir o seu xuízo, valoraron cuestións como a orixinalidade e interese da historia, o desenvolvemento das personaxes, a utilidade do debuxo para a comprensión da trama ou a súa estética. En xeral, valoraron moi positivamente Buena gente porque o debuxo era moi realista e o dilema moral que mostra lles resultou moi interesante para debater nas sesións. Entre debates, comentario, reflexións e xogos sobre os libros lidos foron transcorrendo os leceres nos que nos xuntamos no anexo da biblioteca para aproveitar os vinte minutos ao máximo.







luns, 15 de decembro de 2025

PROXECTO MEMORIA VIVA

No mes de decembro o alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º de ESO B, C, D participou nun proxecto de recolleita de información relacionado coa Tradición Oral familiar, para o que se entrevistaron con persoas maiores para a continuación presentar os resultados nun mural compoñendo un collage colectivo.

Cada alumno-a falou con avós, avoas, tíos, tías... e pedíronlles que lle contasen romances, lendas, contos, coplas, cancións, refráns... Rexistraron os datos de cada informante e fixeron unha reflexión persoal sobre o que aprenderon coa actividade. Para a maioría foi un agasallo partillar tempo de calidade coas persoas maiores das súas casas e sorprendeunos a cantidade de saberes que albergan.

Cabe destacar que alumnado procedente de Marrocos, Perú, Venezuela... achegaron lendas dos seus países que nos agradou coñecer.

Por último, a actividade serviu para que a maioría dos alumnos-as puxesen en valor a súa vea artística e creatividade chegando a realizar murais espectaculares para os que botaron man de recursos de todo tipo: materias de refugallo, teas, papeis de cores, follas de árbores.

En definitiva, valoramos moi positivamente estas tarefas de reconstrución de memoria colectiva nas que participa toda a comunidade escolar. Parabéns!














luns, 1 de decembro de 2025

CAIXAS HORA DE LER

Toda axuda é pouca, por eso agradecemos ao alumnado voluntario participante para repartir as caixas de Hora de ler en todos os grupos do noso IES.

Moitas grazas!