sábado, 20 de maio de 2023

AS REDES SOCIAIS TAMÉN FALAN DE CIENCIA

O alumnado de 4º ESO, xunto coa sua profesora Lucia na materia de Ciencias aplicadas á actividade profesional, fixeron unha interesante actividade consistente na elaboración de carteis relacionados co tratamiento que nas redes sociais se dan ás ciencias.

O resultado moi moi interesante.






venres, 12 de maio de 2023

NOVO ESPAZO MULTIUSOS

Inauguramos xunto coa biblioteca un novo espazo multiusos e de lecer no noso IES. Un lugar desaproveitado durante moitos anos, e usado como un patio cuberto e lugar só de paso do alumnado do noso IES.

Froito da nosa entrada no PLAN LIA 3, que facilitounos unha dotación presupuestaria para reformar a biblioteca e crear este novo espazo de xogos, exposicións e para podelo usar en obradoiros e encontros con escritores.

Encantados co cambio!










VISITA DA ESCRITORA BERTA DÁVILA

A escritora Berta Dávila estivo no IES para presentar o seu libro" Un elefante na sala de estar", que foi lectura obligatoria nos clubs de lectura de aula, na materia de Galego.

Disfrutamos dun estupendo rato con ela.







SAÍMOS NO PERIÓDICO

Co motivo da inauguración da nosa biblioteca, o periódico La Región e  o periódico dixital " Dende A limia", publicaron unha reportaxe.



martes, 9 de maio de 2023

 SEGUNDA TERTULIA LITERARIA

A segunda lectura escollida para as Tertulias literarias, na que participou o Club de lectura de BAC este curso foi, “ Lugar seguro”de Isaac Rosa. 





sábado, 6 de maio de 2023

MURAL LETRAS GALEGAS

O Dpto de Galego xunto co Dpto de Debuxo, fixemos un mural conxunto no espazo diante da cafetería.

Desde un gran mapa de Galicia, enlazamos os debuxos feitos polo alumnado de 4º ESO na matería de EPV coa profesora Ana Escudero, dos diferentes lugares polos que paso Del Riego e as historias escritas feitas polo alumnado de 2º ESO na materia de Galego coa sua profesora Loli.

O conxunto quedou realmente moi ben e asi pudimos disfrutar do homenaxeado deste ano e coñecelo moito mellor.





 

venres, 5 de maio de 2023

CAMPAÑA " E TI QUE LES EN GALEGO"

Co motivo do mes das Letras Galegas, lanzamos a seguinte campaña " E ti que les en GALEGO", con este bonito cartafol.