xoves, 25 de abril de 2024

OBRADOIRO CON INÉS MIRÁS

O día 24 de abril visitou o noso IES a música da "Banda da Loba" Inés Mirás para ensinarlle ao noso alumnado a improvisar e crear temas musicais con letras comprometidas tomando de base un ritmo coñecido.






luns, 15 de abril de 2024

VISITA EVA MEJUTO

O 15 de marzo a escritora Eva Mejuto a través da editorial Xerais visitou o noso IES, para falar do seu libro " 22 segundos"






venres, 12 de abril de 2024

VISITA PAULA CARBALLEIRA

No mes dos libros, o alumnado de 1º ESO recibe a visita da escritora Paula Carballeira, co seu libro Trece avisos.

O alumnado "co medo no corpo" disfrutou dos contos de esta escritora e a súa maneira tan especial de contarlos.








luns, 25 de marzo de 2024

SEMANA EUROPEA DA ARTESANIA

O IES Lagoa de Antela vai organizar unha serie de actividades en colaboración coa Fundación de artesanía de Galicia, para celebrar os días europeos da artesanía, a semana do 2 ao 5 de abril.

Coas seguintes actividades: 

Exposición de cestería tradicional elaborada con pezas dunha colección particular punto con pezas escollidas polo alumnado do centro. Estará visible no corredor do noso centro desde o luns 4 de marzo ata o vendes 5 de abril.

Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 1º ESO do centro, impartido por La Parabólica e financiado pola Fundación Artesanía de Galicia. Este obradoiro celebrarase na aula de tecnoloxía de 1º ESO, en carro grupos de 23 rapaces e rapazas. O primeiro grupo fará o obradoiro martes 2 de 10:30 a 12:10, o segundo grupo o martes 2 de 12:30 a 14:10, o terceiro grupo o mércores de 3 de 10:30 a 12:10 e o cuarto grupo o mércores 3 de 12:30 a 14:10.

Obradoriro de iniciación á olería para o alumnado de Educación Plástica de 4º ESO impartido por alfarería Agustín e financiado polo IES Lagoa de Antela. Este obradoiro celebrarase na aula de plástica de 4º ESO o mércores 3 de 10:30 a 14:10, nun único grupo de 22 rapaces e rapazas.

Obradoiro de iniciación á cestería para todo o alumnado de 3º da ESO do centro, impartido por Bugarda, financiado polo Concello de Xinzo de Limia.

Este obradoiro celebrarse o xoves 4 na aula de tecnoloxía de 1º da ESO, en tres grupos de 26, 17 e 18 rapaces e rapazas. O primeiro grupo faría o obradoiro de 8:30 a 10:10, o segundo de 10:30 a 13:10 e o terceiro grupo de 12:30 a 14:10.




xoves, 21 de marzo de 2024

VISIBILIZAMOS O DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrase o Día da Poesía, e a nosa Biblioteca ten preparada unha exposición con libros en varios idiomas e de diferentes autores.

Que disfrutades moito da poesía!!









venres, 8 de marzo de 2024

VISIBILIZAMOS O 8 DE MARZO

No IES visibilizamos a data do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

E damos a grazas a nosas axudantas Nerea e Paula por facelo posible coa súa inestimable axuda.






mércores, 6 de marzo de 2024

ACTIVIDADES DO 8M

A " SEGURIDADE VIOLETA" chega ao noso IES,, dentro da programación do 8M, que pretende dar resposta á necessidade de educar en igualdade e na prevención de violentas machistas. O alumnado creará propostas audiovisuais que eserán expostas ó público o día 22 de marzo na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.