Este curso, con máis de 3000 préstamos rebentamos
as estatísticas, superando con creces o ano pasado. O éxito debeuse, sobre
todo, a que dende o equipo da biblioteca incentivamos a lectura na aula noutras
materias ademais das de Lingua e Literatura proporcionando información e libros
ao profesorado.
Optimizáronse recursos, empregando as mesmas lecturas en
diferentes niveis e clubs en distintos tramos temporais, feito que favoreceu o
acceso da comunidade educativa aos mesmos libros. Asemade, este compartir lecturas
serviu como campaña de publicidade interna para favorecer o hábito lector fóra
do circuíto académico.
Para rematar, deixamos aquí unhas fotos dos
usuarios da biblioteca realizando diferentes actividades no espazo lector e
unha crónica sobre as mochilas viaxeiras da alumna de 3º de ESO e membro do
club de lectura Uxía Peleteiro, elaborada para unha tarefa de Lingua Galega e
Literatura.
FELIZ VERÁN LECTOR!!
AS MOCHILAS VIAXEIRAS INVADEN O
I.E.S LAGOA DE ANTELA
A poucas semanas de que o curso
remate e o verán chegue, os alumnos e alumnas do I.E.S Lagoa de Antela
prepáranse para pasar unhas vacacións gozando da compaña dos libros.
Xa hai mais de 23 mochilas
entregadas, e aínda non rematou o curso, por iso podemos dicir que a lectura
entre os estudantes é todo un éxito.
Entre os xéneros máis destacados
encontramos a ciencia ficción e a fantasía. Pola asombrosa acollida que tiveron este ano as mochilas
viaxeiras, moitos dos alumnos víronse na obriga de desprenderse dalgúns libros,
con pesar. Tamén se ve que as rapazas e os rapaces realizan pequenos pactos
entre eles para intercambiarse os libros.
As mochilas viaxeiras son todo un
éxito. É moi fácil facerse cunha delas, tan só tes que acudir á biblioteca, elixir
os libros que desexes, metelos na mochila e rexistralos, e xa podes levar a
mochila, e gozar dos libros durante todo o verán.
Entre os autores encontramos a
Laura Gallego, Paulo Coelho, Ana María Matute, Xulia Alonso Díaz....
Hai un gran abano de libros que
escoller: ciencia ficción, fantasía, poesía. Podes encontrar o libro perfecto
para ti, pasa pola biblioteca e elixe o que máis che guste.
Uxía Peleteiro, 3º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario