Celebrouse a primeira tertulia do club de lectura de profes na Taberna
Acevedo de Xunqueira de Ambía combinando literatura e gastronomía. O
libro que inaugurou a xornada foi El chico, de Steve Hamilton,
unha novela de intriga contada por un rapaz que non fala pero que, non
obstante, é capaz de comunicarse coas persoas coas que se relaciona. A
historia engancha porque mantén a incertidume e dosifica a información.
Describe con precisión o mundo da delincuencia en todas as súas formas,
explora vehículos de comunicación coma o cómic, fala da intervención do
azar na vida das persoas, do amor, da capacidade de superación, da
necesidade de escoitar…
Ningún comentario:
Publicar un comentario