mércores, 7 de febreiro de 2018

ENCUENTRO LITERARIO: MARÍA SOLAR


Fai uns días visitóunos María Solar: escritora e xornalista, presentadora na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Centrada no mundo da comunicación, é licenciada en Xornalismo e en Bioloxía, e diplomada en Maxisterio.

Falou da súa última novela:Os nenos da varíola. Desta volta, achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante.
O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.












Ningún comentario:

Publicar un comentario