domingo, 21 de febreiro de 2021

AXUDANTES BIBLIOTECA

    Neste curso, tan atipico e dificil, onde organizar a Biblioteca está resultando ás veces tan complicado, agradecese toda a axuda que chega de forma desinteresada por parte de toda a Comunidade educativa.

Pero quero e necesito destacar tres nomes, Lorena Fiz, Alba Garrido (alumnas de 4º ESO) e Xiana Carballo, (unha alumna moi, moi especial de 3º ESO).

As cousas chegan as veces por casualidade, e o que comenzou como un paso limitado nun recreo pola Biblioteca, con restriccións por todas partes, foi collendo forma ata ser costume.

De repente  Xiana, non deixaba entrar a ninguén que non desinfectara as mans previamente ou non deixaba sair a ninguén da Biblioteca, si previamente non desinfectaba o lugar que escolleu para estar no lecer. Estaba pendente de facer cumprir as normas COVID sen excusas!

Por outra banda Lorena e Alba estaban dispostas a todo...a TODO!!, alfabetizar estanterías, expurgar, colocar libros, sellar, forrar, plastificar carteis, montar e desmontar datas sinaladas no calendario e agora comenzar a coñecer o Programa Meiga, de xestión de bibliotecas.

Estas fabulosas AXUDANTES, son nestes momentos imprescindibles!! Pasan as semanas e facendo balance de todo o feito ata agora, somos conscientes do traballo que a diario fan, colaborando na Biblioteca nos dous lecer de cada xornada, de forma voluntaria e desinteresada.

GRAZAS, GRAZAS E MIL GRAZAS, por a vosa inestimable axuda e a vosa compañía diaria!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario