domingo, 16 de maio de 2021

O 3º CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO EN MARCHA

O pasado venres oficializamos a nosa terceira lectura, do Club de lectura do profesorado.

Estamos seguros que esta lectura, fará que a recta final do curso sexa mais levadeira.



De feito, o profesorado xa aproveita esta ponte das Letras Galegas, para disfrutala!! 



2 comentarios:

  1. Novela curta pero intensa. Encantoume, unha desas historias que engancha dende o primeiro momento. Moi recomendable.
    É unha acertada mestura de romance e misterio, moi ben escrita. Nesta obra alternan as historias de dous personaxes cuxas vidas se cruzan. Por unha banda, o personaxe feminino Laure, unha muller á que lle rouban o bolso. Pola outra, Laurent, que atopa a bolsa roubada casualmente e emprende o descubrimento do seu dono, porén pronto o fascinará o que intúe sobre ela.
    A profesión de Laurent, dono dunha libraría e gran lector, confire ao libro un encanto aínda máis especial debido ás abundantes referencias literarias. Incluso aparece Modiano (novelista francés, premio Nobel de Literatura 2014) como personaxe da novela.
    Unha delicia de ler. Unha lectura lixeira, aditiva, enxeñosa e amena.

    ResponderEliminar