O 20 de febreiro a nosa biblioteca recibiu
catro lectores electrónicos o 20 de febreiro grazas a un proxecto piloto,
E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O equipo da biblioteca ao completo (Ana-profesora
de Plástica-, Maite-profesora de Física e Química-, Natalia-profesora de
Economía- e Carmen-profesora de Lingua e Literatura) posa cos lectores. Tamén alumnos do PCPI, que
estaban lendo na biblioteca, se sumaron á sesión de fotos.
O equipo mantén o compromiso coa lectura e
está encantado de dispor de máis recursos que ofrecer ao alumnado para facilitarlle
o acceso á lectura en todo tipo de soportes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario