Hoxe, día da árbore, da poesía e da eliminación
da discriminación racial lembramos a Wangari Maathai, a primeira muller Doutora de África oriental e premio Nobel da Paz. Nacida en Kenia, creou
un movemento ecoloxista en 1977 ao que chamou “Movemento Cinto Verde”,
convencida de que a ecoloxía era e é un camiño rigoroso e firme para alcanzar a
paz.
Lembramos algunhas palabras
dela.
"Ata que non caves un
buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas sobrevivir, non fixeches nada.
Só estás falando."
"A paz na Terra depende
da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente: a degradación ambiental e a pobreza
van xuntas."
"Unha árbore ten raíces
no chan e ramas que rozan o ceo, e recórdanos que para prosperar temos que
saber de onde vimos."
“Non podemos quedar sentadas
a ver como morren de fame os nosos fillos. Se non tedes leña, plantade árbores.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario