NOVOS AIRES NA BIBLIOTECA DO IES LAGOA DE ANTELA
É grato comprobar como as novas xeracións de alumnos-as de 1º ESO veñen dereitiños á súa biblioteca sen tan sequera ter feito a presentación oficial da biblioteca curso por curso.
Cos anos algo está a cambiar, algo que notamos os membros do equipo de biblioteca e que nos axuda a continuar neste labor tan grato e necesario, mais cada vez con menos recursos e horas nos nosos horarios para cubrir tanta demanda.
A semana pasada nunha garda de recreo non demos crédito ao que vimos...a biblioteca a tope de rapaces e rapazas de 1º ESO, usando as instalacións e enteradisimos de todo porque, segundo contaban, os compañeiros de cursos superiores xa lles contaran como funcionaba ... e ademais xa veñen coa base dos centros da comarca da Limia, moitos deles integrados no PLAMBE...está claro que se nota o respaldo do labor dos profesores-as encargados das bibliotecas, nos seus coles de procedencia.
Tamén é grato comprobar como compañeiros que chegan destinados ao noso centro e que xa estiveron aquí hai moitos anos se sorprende do cambio experimentado na biblioteca e fáltalles tempo para facerse socios e de inmediato comezar a ler libros dos seus fondos que, agora, tamén son de todos eles.
E para mostra unhas cantas fotos deses momentos...que axudan un montón a todos os que estamos a traballar na biblioteca do IES Lagoa de Antela.
Benvid@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario