luns, 21 de outubro de 2013

VISITA OFICIAL DOS GRUPOS DE 1º ESO

A pasada semana os grupos de 1º ESO realizaron a visita oficial á BIBLIOTECA do instituto.

Estas visitas organizadas polo equipo de biblioteca e os titores é algo habitual todos os cursos. Aproveitamos para dar as grazas a Herminia, Teresa, Suso e Elena polas facilidades para poder levar os seus alumnos e alumnas á biblioteca.

Coa visita "oficializamos" a entrada destes rapaces e rapazas neste espazo do centro que se converterá co paso dos meses nun lugar de referencia para todos eles.

Para deixar constancia do seu paso pola BIBLIOTECA fixémoslles entrega a todos do Carnet da Biblioteca coas cores corporativas, azul e laranxa, e tamén lles demos un tríptico deseñado coa intención de deixar claras as normas da BIBLIOTECA. Faise fincapé nas devolucións puntuais dos préstamos, o uso dos ordenadores, o uso da impresora e faise un percorrido pola biblioteca explicando a CDU para que saiban localizar o lugar donde están colocados os libros que buscan.

Recordamos normas básicas como o silencio na sala, deixar todo ordenado ao irse o non comer nela.

E para que quede constancia do paso destos alumn@s tan importantes para a nosa biblioteca, deixamos unhas cantas fotos para a posteridade.

Gozade coa vosa BIBLIOTECA e GRAZAS a tod@s!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario