domingo, 13 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022 NO IES!!

AS MANDAS DO MECO

 

   Luns 21 de febreiro

o entroido comeza,

Todos viremos

Con algo na cabeza

  

 

   Martes 22 de febreiro

non deixamos de inventar...

e un zapato diferente

en cada pé habemos calzar.

 

  

  Mércores 23 de febreiro

no medio da semana

e co pixama posto

viremos todos da cama.

 

  

  Xoves 24 de febreiro

igual que os nosos compañeiros

se no cole queres entrar

seremos cociñeiros.

  

 

  Venres 25 de febreiro

animais seremos

e con moita xolda

nos divertiremos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario