sábado, 5 de febreiro de 2022

TRABALLAMOS CON " CARTAS DE INVERNO"

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz foi a lectura común para o alumnado de 1º ESO na primeira avaliación.

A novela permitiu ao alumnado facer unha viaxe no tempo a través da Arte.

Adrián, e artista de gravados e protagonista, merca en Galicia unha casa chea de mostras de gravados prehistòricos, petròglifos, e cun tesouro agochado no faiado: unha escolma de artistas de gravados do século XVI ao XX.
Un deses gravados, a nena da ventá de Dali, cobra vida e comeza a comunicarse co protagonista ata o punto de atrapalo dentro da casa ata q sucumbe nas garras do monstro que encerra a cripta do labirinto de Mogor.

Trala lectura, investigamos un chisco a que época pertencían os petròglifos galegos, cales eran as formas habituais e o significado e intentamos reproducilos a través da técnica do esgrafiado.

Por outra parte o alumnado de 1º B buscou información sobre os pintores da escolma, os seus estilos e cadros máis coñecidos.
O alumnado de 1º C fixo o mesmo pero buscando información sobre os pintores e pintoras galegos.

Cartas de inverno é unha novela moi completa que nos achega á nosa cultura e literatura, á mitoloxía clásica ou á pintura. A parte diso o suspense consegue captar a atención do lector ata as últimas liñas da historia.













Ningún comentario:

Publicar un comentario