AS CELULAS
O alumnado de 1º ESO, axudados pola sua profesora Lucia, adéntrase no mundo da bioloxía co estudo das células.
A célula é básico no coñecemento da vida, polo que xa desde os primeiros cursos de bioloxía trabállase o estudo e coñecemento desta unidade fundamental. O alumnado de 1º da ESO realizou diversas maquetas de células que están expostas na nosa biblioteca do centro. Os modelos realizados con diferentes métodos e materiais amosan a variedade de células eucariotas animais e vexetais. Ademais nestes días o alumnado ten realizado diferentes prácticas de laboratorio onde observou as súas propias células da boca (células eucariotas animais) e tamén células máis simples como as bacterias do iogur (células procariotas).
Algúns alumnos realizaron células comestibles!! (pizza ou biscoito) que non están na exposición porque non puidemos resistir a probalas.
Seguimos aprendendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario