TERTULIAS LITERARIAS
Un grupo de alumnos de 1º BACH do IES Lagoa de Antela asistió o día 17 de xaneiro ás Tertulias Literarias en galego organizadas polo Concello de Ourense.
Este ano propúxose a lectura da obra teatral As alumnas de Paula Carballeira que plantexa temas de interese para o noso alumnado como son: a loita polos dereitos, a denuncia do machismo e a importancia da educación no desenvolvemento dos seres humanos.A sesión dividiuse en dúas actividades. En primeiro lugar, de 16 a 18 h, o noso alumnado debatiu con alumnos do IES de Allariz e IES de Maceda sobre os distintos aspectos do libro como: a dualidade das persoaxes, a vixencia da obra e a importancia do galego na actualidade. En segundo lugar, de 18 a 20 h, o alumnado coñeceu á autora ca que mantiveron un coloquio moi sucestivo, valorando o papel fundamental do teatro na nosa sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario