luns, 28 de marzo de 2022

XUNTANZA CLUB DE LECTURA 1º ESO

O venres pasado 26 de marzo, o Club de lectura de 1º ESO, tivo unha nova xuntanza, para falar do terceiro libro deste curso.

Aquí deixamos unhas fotos dese encontro.

Boas lecturas a tod@s!!





CONCURSO BOOKFACE

O alumnado de 4º ESO, na materia de EPV, participa nun Concurso de Bookface, convocado como unha das actividades a realizar, dentro do marco do Mes de Abril, Mes dos Libros 2022.

POESÍA CON INÉS MIRÁS

O Dpto de Galego, organizou unha actividade para varios grupos da ESO, en relación coa Poesía.

A nosa invitada foi Inés Mirás, que traballou dunha maneira orixinal e renovadora a poesía co alumnado presente e tamén que afloraran sentimentos en moitos dos presentes nesta actividade.

Grazas pola túa presenza!









 MARZO MES DA POESÍA

 No IES Lagoa de Antela andamos enredando coa poesía, comezamos con Rosalía de Castro en febreiro e esta semana poñemos o punto final cunha visita que xurdiu por contacto dunha alumna. 

O pasado 24 de marzo tivemos a sorte de gozar da compañía da música e compositora Inés Mirás, integrante da  A banda da Loba, grupo de música galego formado por mulleres fortes e emprendedoras que deixan ben alto o nivel da interpretación e composición musical  na nosa lingua.

Seguro que aínda que todos tiñamos escoitado a música do grupo,  co traballo “Hasme oír” no que xogan con versos de Xela Arias para celebrar as Letras do 2021, todos puidemos coñecelas un chisquiño máis a súa música, porque sacaron a poesía á rúa como quería a escritora para facela de todos.

De Inés sabemos que a súa formación musical comeza con só 7 anos na escola de música de Ordes e ligada ao clarinete, para logo seguir formándose, coñecendo outros intrumentos, como o piano , ata que se instala en Santiago de Compostela e no conservatorio musical da cidade fai a carreira de guitarra. Ademais de estudar artes escénicas e produción audiovisual.

Esta formación permítelle compaxinar a composición, co deseño de implantación de espazos sonoros en videoxogos e a interpretación de guitarra na Banda da Loba. 

Se visitades a súa web sinesita.com tedes os últimos proxectos nos que andou a trebellar e os premios que recoñecen o bo traballo da artista e do grupo (por exemplo en 2018 gañan o  1º Premio á mellor música galega “A banda da loba” - Premios “Aritmar Galiza e Portugal”).




domingo, 27 de marzo de 2022

UCRANIA NA BIBLIOTECA

A situación tan complicada de Ucrania, queda visibilizada na Biblioteca e na entrada do IES. 






PLAN DIRECTOR

O alumnado de 1º ESO do IES, participou nunha charla sobre acoso escolar impartida por dous axentes da Garda Civil, nas propias aulas dos catro grupos participantes.

A iniciativa enmarcase dentro do Plan director promovido entre a Garda Civil e a Consellería de Educación.

Tamén o alumnado de 4º ESO, esta vez no salón de actos, tiveron a sua charla sobre Drogas e Alcohol.









LETTERING CREATIVO

Mirade os marcapáxinas deseñados por Ariadna González, alumna de 3º ESO A. Empregando a técnica do Lettering creativo, poden facerse cousas así de creativas e visuais. 

Noraboa Ari por estos traballos tan ben feitos!




TERTULIAS NO LICEO

Esta semana un grupo de alumnas de 1º BAC, acudiron a Ourense, acompañadas do seu profesora de lengua Española Belén Castro, para participar nas " Tertulias no Liceo".

A lectura deste curso foi " El río baja sucio" de David Trueba.

O alumnado pudo disfrutar dan almorzo, falando da lectura e disfrutando da compañía do autor.








domingo, 20 de marzo de 2022

BOOKFACE EN 4º ESO

Comenzamos a preparar actividades relacionadas co Abril mes dos libros.

O alumnado de EPV de 4º ESO, dirixidos pola súa profesora Ana Escudero, preparan unha exposición de bookfaces.

Aqui vos deixamos unhas fotografías das sesións que estamos a ter na Biblioteca, para preparar esta actividade.

Ratos intensos e moi divertidos, con resultados espectaculares!!

Atentos aos vindeiros días! 










XOGOS NO DÍA DE ROSALÍA

Este curso 2021-2022 o día de Rosalía de Castro foi o 23 de febreiro. 

A proposta da AELG foi traballar os versos máis pensativos e retóricos nos que Rosalía traslada aos lectores e ás lectoras as súas dúbidas existenciais e vitais.

E fixemos este mural tan visual no Edificio Antela, do noso IES.