mércores, 20 de outubro de 2021

EXPOSICIÓN " A TÚA MIRADA, UN LIBRO"

Con moitas gañas os presentamos a exposición que conmemora o 24 de Outubro, Día das bibliotecas.

" A túa mirada, un libro" son fotografías moi especiais de alumnado e profesorado do noso IES, que colaboran nesta experiencia tan bonita.

Disfrutade dela e do Día das Bibliotecas!!







martes, 19 de outubro de 2021

NORMAS BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos as normas da Biblioteca, para que toda a Comunidade Educativa as teñamos moi claras e sirvan para continuar cun funcionamento da Biblioteca, acorde aos tempos que tocanos vivir.


 

HORA DE LER

Como todos os cursos, o pasado 11 de Outubro, comenzó a Hora de ler no IES.

Aquí vos deixamos as normas, un pouco de história sobre a Hora de ler e o horario.

Esperamos que disfrutes moito destes ratos de lectura!






CONCURSO CONTOS DE MEDO

O Dpto de Dinamización lingüística e a Biblioteca, convocan un concurso de contos de medo, para todo o alumnado do IES.

O prazo de entrega remata o 29 de Outubro.

As bases están expostas en diferentes lugares do IES, e tamén aquí, no blog da Biblioteca.

Anímate a participar!

luns, 18 de outubro de 2021

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O medoooooo xa está aquí e chegou a nosa biblioteca, da MAN de nosa alumna Sofía, que calle libros desta maneira tan artística. 


CONCURSO CALABAZAS TUNEADAS

Un ano mais, o Samain, xa está a volta da esquina. A biblioteca e o Dpto de EPV, convoca o tradicional concurso de calabazas tuneadas.

Pode participar todo o alumnado do centro. 

A entrega da calabaza tuneada será entre o luns 25 e o martes 26 de outubro. Debe levar o voso nome e curso.

O venres 29 no primeiro recreo entrega de premios!!!

Animádevos a participar!!

A TÚA MIRADA, UN LIBRO

Para conmemorar o día das Bibliotecas, desde a biblioteca do noso IES, fixemos a exposición " A túa mirada, un libro".

Aqui vos deixamos algunha das fotografías que forman parte da exposición, que está montada no holl de entrada da cafetería.

Esperamos que vos guste.





BONITAS ESCALEIRAS

Así quedaron as escaleiras do Edificio B, despoís de por as pegatinas, no frente dos peldaños.

Disfrutádeas!!








DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana conmemoramos a semana das Bibliotecas. O día das Bibliotecas, é o vindeiro 24 de outubro.

Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo da data, inspirado na decoración das escaleiras do IES.

Durante esta semana, no holl da cafetería tendes unha exposición de fotografías que pretende unir os libros e as miradas, que en tempos de pandemia e con máscaras nas nosas caras, os nosos ollos tanto teñen que dicir.

" A tua mirada, un libro", estará exposta durante as vindeiras dúas semanas.

Boas lecturas e Feliz Día das Bibliotecas!!


DECORANDO AS ESCALEIRAS

Axudada do alumnado de 2º ESO, este curso por fin, decoramos as escaleiras do edificio B, coas pegatinas tan bonitas que desde fai varios cursos, decoran as escaleiras do edificio Lagoa.

Aquí vos deixamos o magnífico traballo e a axuda que tiven, para que agora os peldaños cando subades a vosas aulas, sexan tan orixinais!!






PREPARANDO OS CARNETS 

O equipo de voluntarias da Biblioteca, traballan para ter listos canto antes, os carnets do novo alumnado que comenzóu no IES, no presente curso.

Ahí tendes a Lorena e Alba, traballando nos periodos de lecer na Biblioteca.

En nada estarán listos!!

USO DA BIBLIOTECA

Casi, casi como antes da pandemia.

Contentos de poder ver que algunhas cousas volven pouco a pouco a nova normalidade.

Estas semanas o alumnado pasa pola sea Biblioteca, nos períodos de lecer, para recuperar o tempo perdido e volver a disfrutar deste espazo tan marabilloso do noso IES.

Benvidos/as de corazón!!





ORLAS ALUMNADO 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, do curso pasado na materia de EPV, xunto co seu profesor Horacio, fixeron estos estupendos traballos, que este curso temos expostos na Biblioteca.

Así que cando veñades ao espazo da Biblioteca, non esquecedes botarlles un vistazo, porque merece a pena!!

Excelente traballo! Noraboa a todos/as!! 







domingo, 17 de outubro de 2021

EQUIPO VOLUNTARIAS

O curso pasado tan difícil e incerto, fixo que moitas cousas cambiaran.

A nosa Biblioteca chegou de sorpresa un grupo marabilloso de alumnado disposto a axudar desde o primeiro momento.

O que empezó con colocar libros nas estanterías, rematou cun grupo de alumnos que traballan na súa Biblioteca, en TODO.

Colocan, ordenan, plastifican, catalogan libros, recomendan lecturas, participan en todos os proxectos e montaxes de datas conmemorativas, fan prestamos manexando o Programa Meiga e o mellor de todo e que traballan sempre cunha sonrriso na cara, sempre aprendendo unha cousa mais cada dia.

O noso eterno agradecemento. Sodes todo un exemplo!!



TRABALLO ESPECIAL

O curso pasado un alumno moi especial do noso IES, e que ademais foi premiado como o lector nº 1 da Biblioteca, fixo este precioso atrapasoños, que vino persoalmente a traernos fai uns días, xa que este curso realiza os seus novos estudos do ciclo de peluquerría, no IES 12 de outubro, en Ourense.

Mirada que preciosidade e que ben queda na Biblioteca.

Moitas Grazas Andrés!!



HORARIOS BIBLIOTECA

Quedan expostos na porta da Biblioteca, o profesorado de gardas de Biblioteca nos periodos de lecer e horas lectivas, deste curso.

Para que estedes informados!!



DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA

Así de bonita está este curso a porta corredera da entrada á Biblioteca!!