venres, 26 de setembro de 2014

NOVO ESPAZO

Fixemos cambios, o principal a maravillosa libreria que agora ocupa unha das paredes principais da nosa biblioteca.

Sempre contando coa axuda inestimable e necesaria de moitos dos nosos alumnos-as, rematamos antes do previsto co traslado de libros e colocación do mobiliario.

Disfrutade este curso dun soño feito realidade, a nosa nova libreria xa é unha realidade...:)





Todos estamos moi contentos e agradecidos ao equipo directivo por facer realidade unha das nosas peticións dende fai moito tempo...ao final TODO chega...

ABRIMOS!!!

A biblioteca por fin abre as súas portas a un novo ano escolar.
Despois dunha semana de cambios na colocación de mobiliario e de libros ...xa estamos listos!!!
Arrancamos ;)

luns, 15 de setembro de 2014

ESTAMOS DE CAMBIOS!!!



            A biblioteca está modificando o seu espazo.


Por fin conseguimos unha petición feita ano tras ano aos diferentes equipos directivos…

Por fin temos e vemos a nosa ansiada ESTANTERIA!!!


      Agora queda por diante mover moitisimos libros…pero seguro que coa axuda de moitos de vos rematamos antes do previsto e disfrutaremos dun novo espazo que ampliará a nosa biblioteca.



      Aquí a tendes…e tamén todo o que queda por mover…ufffff


domingo, 14 de setembro de 2014

BENVIDA Á BIBLIOTECA Curso 2014-15


     Ola a tod@s e Benvidos un novo curso a vosa biblioteca!!!
O equipo de biblioteca xa está traballando para poder ter listas todas as novidades para o presente curso.
Espéravos cos brazos abertos, gozade deste espazo e de todas as vantaxes de pertencer a unha biblioteca coma a do IES lagoa de Antela.
Recordade que hai que devolver os préstamos de verán, as mochilas viaxeiras e formalizar os novos préstamos.  
Contades con préstamos de ordenadores portátiles (xa comezamos ca iniciativa fai dous cursos) e tamén de libros electrónicos, para o presente curso.

             Esperamos as vosas suxestións.

Grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración coa biblioteca.