SAÍMOS NO XORNAL
Os alumnos gañadores do Concurso de Postais de Nadal, son protagonistas no especial Nadal do periódico " La Región".
GAÑADORES CONCURSO POSTAL NADAL
Este curso o Dpto de Debuxo puxo en marcha a 26ª convocatoria do tradicional concurso de Postal de Nadal.
O alumnado de 3º ESO, fixeron uns estupendos traballos que temos expostos no panel principal do pasillo do segundo ciclo da ESO.
Aquí deixamos as fotos do alumnado co seus traballos premiados.
Noraboa polos estupendos traballos presentados!
FELICITACIÓN NADAL
Desde a biblioteca do IES Lagoa de Antela os felicitamos estas festas Navideñas co este bonito recuncho do noso lugar favorito do IES.
Que o Novo Ano 2023 continue achegando a nosa biblioteca moitos ratos bos, estupendas lecturas e moita felicidade.
Grazas a tod@s por formar parte deste proxecto.
FANZINE
Este curso continuamos co proxecto da creación dun fanzine, no que participan unha selección de alumnado de diferentes cursos con cualidades artísticas relevantes, que fan que poidamos sacar adiante este proxecto tan enriquecedor.
O proxecto dirigido polo profesor de debuxo Horacio e dentro das actividades previstas no Dpto de Debuxo, levanos a ter reunión todos os mércores no 1º recreo.
Este curso estamos usando o novo espazo creado como espazo multifuncional e que permítenos traballar con moita luz e sen pasar frío, dado que está dotado de calefacción.
Xa está todo en marcha para sacar moi pronto a primeira das entregas do fanzine deste curso.
Non queda nada para ver e coñecer o gran traballo dos nosos artistas!
CONCURSO POSTAL NADAL
Un ano mais (este curso a 26º edición), o Dpto de EPV organizou o Concurso das Postais de Nadal.
O mural con todas as postais presentadas polo alumnado de 3º ESO, xa está preparado, anunciando o Nadal e listo para disfrutar dos traballlos tan chulos, feitos polo alumnado na materia de EPV.
Aquí vos deixamos unha mostra destes traballos.
Noraboa!