Amosando publicacións coa etiqueta CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

VISIBILIZAMOS O 25 N

Na biblioteca temos unha exposición relacionada coa data 25N. Unha selección de lecturas a vos disposición.

 









luns, 25 de novembro de 2024

MURAL CONMEMORACIÓN 25 N

No edificio Antela, colocamos este mural permanente para visibilizar a data do 25 N.

venres, 22 de novembro de 2024

CARTEIS GAÑADORES 25N

Aquí vos deixamos os carteis gañadores do Concurso do 25 N, organizado polo Dpto de EPV no nivel de 3º ESO.

Gabriela Lama Feijóo 3º ESO C

Sabela Gómez 3º ESO B

Lucía García Feijoo 3º ESO C

Noraboa aos premiados e moitas grazas ao ANPA, polos agasallos e polas aportacións nesta data.





venres, 15 de novembro de 2024

CONCURSO CARTEIS 25 N

Desde o Dpto de Debuxo na materia de EPV, convocamos un concurso de deseño de carteis nos cursos de 3º ESO.

Nas clases aprendimos a manexar programas de deseño como Picollage e Canva, para facilitar a base do traballo.

A resposta por parte do alumnado está sendo espectacular. E os traballos de moita calidade.

Están expostos no holl da cafeteria e despoís serán levados a Casa da Cultura de Xinzo como unha actividade fomentada pola Asociación de pais e nais do IES.

Aquí vos deixamos fotos dos traballos. Moitas grazas pola vosa participación!











luns, 6 de novembro de 2023

VISIBILIZAMOS O 25 N NA BIBLIOTECA

Na Biblioteca xa temos o recuncho do mostrador, visibilizando a data do 25 de Novembro, Dia contra a violencia de xénero.


sábado, 26 de novembro de 2022

25 N CO ALUMNADO

O alumnado do IES participaron visibilizando esta data levando lazos morados e chapas que fixemos coa axuda de varios alumnos.

Ademais gardamos un minuto de silencio polas vítimas desta lacra, que a diario vemos en todos os informativos.

Co desexo de que paren e non teñamos que lamentar ningunha vítima máis.






domingo, 13 de novembro de 2022

25 N NA BIBLIOTECA 

Preparando a cartelería na biblioteca, coa protagonista deste curso, Luka.

Visibilizando esta data no espazo da Biblioteca.






VISIBILIZAMOS O 25 NO IES

Un curso máis visibilizamos, máis que nunca a data do 25 N, onde todos xuntos traballamos contra a violencia de xénero.

Nesta ocasión Luka volve a ser a imaxe da nosa cartelería, que imos por en todo o centro.





domingo, 16 de xaneiro de 2022

PROCESO TATUAXES

Aqui tendes todo o proceso dos tatuaxes en conmemoración do 25 N, coa axuda do noso alumno Hugo de 1º ESO.









EXPOSICIÓN 25 N

No espazo previo á cafeteria e no holl do IES, visibilizamos a toda a comunidade educativa a Violencia de xénero.

TODAS SOMOS ELAS

NON AO MALTRATO