sábado, 25 de febreiro de 2023

ROSALÍA NA TÚA MAN NO IES LAGOA DE ANTELA

O alumnado escoitou a música dos poemas de Rosalía, escolleu o tema que máis lle gustou, creou centóns colectivos escollendo o verso que máis lle gustou da exposición e xogou cos poemas e a súa música facendo un genially por equipos.

Aquí vos deixamos o enlace ao blog de ENLD do noso IES:

asi-foi-o-dia-de-rosalia-neste-2023.html








venres, 24 de febreiro de 2023

ROSALÍA DA MAN DOS ARTISTAS DO IES LAGOA DE ANTELA

Na materia de EPV, o alumnado traballou as texturas coa imaxe de Rosalía de Castro como protagonista.

Aquí deixamos algúns dos resultados que se encontran expostos no corredor da biblioteca.











xoves, 23 de febreiro de 2023

VISIBILIZAMOS A ROSALIA DE CASTRO

Á volta do Entroido toca unha nova celebración, así que desde a Biblioteca visibilizamos a nosa querida Rosalía e preparamos un montón de actividades para conmemorar esta data tan especial.

Neste enlace ao blog de ENLD, tendes todas as actividades realizadas:

asi-foi-o-dia-de-rosalianeste-2023.









mércores, 22 de febreiro de 2023

DESFILE ENTROIDO

Volve a tan desexada normalidade, e neste Entroido o tradicional desfile de escolares da Limia foi unha realidade.

Diversión e moitas ganas de pasalo ben con todos os rapaz@s!!

Feliz Entroido!









martes, 21 de febreiro de 2023

ENTREGA PREMIOS 26ª CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 2023

Aquí vos deixamos a entrega de premios da 26ª edición do Concurso de máscaras do Entroido.

Disfrutade moito dos vosos merecidos premios e do Entroido!











venres, 17 de febreiro de 2023

GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 3º ESO

Xa temos os gañadores da 26ª edición do Concurso de Máscaras desde ano na categoría de 3º ESO.

Traballos feitos con moita calidade, que fixeron moi difícil escoller os gañadores.

Moitas felicidades polo voso traballo!

1º PREMIO: Aitana Rodríguez Feijóo de 3º ESO B

2º PREMIO: Uxía Nieto Saburido de 3º ESO B

3º PREMIO: Laura Martínez Méndez de 3º ESO A









SAÍMOS NO PERIÓDICO

Como todos os anos no especial do Entroido do xornal La Región, os gañadores do concurso de máscaras son os protagonistas cos seus magníficos traballos.

Noraboa!!





xoves, 16 de febreiro de 2023

GAÑADORES CONCURSO MÁSCARAS ENTROIDO 1º ESO

Xa temos os gañadores da 26ª edición do Concurso de Máscaras desde ano na categoría de 1º ESO.

Aquí vos deixamos aos participantes e as súas estupendas máscaras.

Noraboa polo magnífico traballo feito!

1º PREMIO: Eloi Rodríguez Pérez de 1º ESO D

2º PREMIO: Carlos  González Rodríguez de 1º ESO B

3º PREMIO: Lara Conde Gómez de 1º ESO B