Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de abril de 2021

A NOSA RECOMENDACIÓN DE LECTURA ABRIL MES DOS LIBROS 2021

A vosa Biblioteca vos recomenda esta lectura " El infinito en el junco" de Irene Vallejo.  Ademais esta lectura a temos todos/as no Proxecto ELBE.

A escritora clausuró as Xornadas PLAMBE fai dúas semanas.

Escoitala foi unha ledicia, deixamos aquí algunhas das suas reflexións: 

"Los libros son albergues de la memoria"

"Confiar en el poder de las palabras y de los libros"

"El que lee conoce momentos de felicidad con los libros"

"Los libros transforman la realidad y son trabajo para el futuro"

"Los libros son música de las palabras y de la lectura"

"Cuidar al que lee"

"No debemos olvidar a los que nos preceden, porque los libros son el deposito del pasado"

"Con libros no seremos el olvido del mañana"

Disfrutade da lectura!!



ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES - PLAMBE 2021

Durante o xoves 15 e o venres 16 de abril, todos os responsables de Bibliotecas Escolares, con casi 800 bibliotecas de toda Galicia, participamos nas xornadas que todos os anos se convocan por estas datas.

De maneira virtual, como fixemos en novembro cos encontros de Bibliotecas Escolares, "xuntámonos" neste curso tan especial e dificil, para falar das Bibliotecas, dos procesos de creacións dos Clubs de lecturas, de moitas experiencias en distintos centros de Galicia, e recibimos formación de persoas con experiencia en diferentes parcelas, deste apasionante mundo das Bibliotecas.

Foi un pracer escoitar a Blanca Mata e a lectura fácil, a Cristina Novoa e a súa experiencia tantos anos desde asesoría de Bibliotecas, a Alicia Sellés e os seus consellos para documentar as Bibliotecas, a Daniel Cassany, a Joan Ferrés e os retos da educación mediática.....e o mellor para min, a clausura a cargo de Irene Vallejo Moreu, maravillosa como persoa e escritora e un pracer escoitarla. Aproveitamos para recomendar a sua última novela " El infinito en un junco".