KOHA e ELBE
Neste primeiro trimestre estamos con moitos cambios na Biblioteca.
Agora tocou mudar a un novo sistema de xestión de Bibliotecas, que se chama KOHA.
O equipo de biblioteca, levamos semanas recibiendo formación no manexo do novo programa . O pasado 16 de novembro migramos do Programa Meiga a KOHA.
Todo foi ben e xa estamos "Kojeando" nesta nova aventura.
Tamén actualizamos todas as contra-sinais de ELBE, que a partir de agora está estreitamente ligado a KOHA, para que toda a comunidade educativa poida disfrutar de lecturas dixitais desde calquer dispositivo.