Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xaneiro de 2024

PORTAS NADAL GAÑADORAS

Xa temos o resultado das portas gañadoras do Concurso que fixemos este Nadal.

E son: o grupo de 1º ESO E,da tutoría de Ana Iria e o grupo de 3º ESO C, da tutoría de Julia.

Noraboa por as vosas bonitas portas e en nada organizaremos una merendola na cafetería de Manolo para celebralo!







domingo, 17 de decembro de 2023

SAÍMOS NO XORNAL!

O concurso das postais de Nadal saiu no Xornal Escolar.

Os nosos alumnos premiados foron importantes por un día!

Noraboa aos tres!


sábado, 16 de decembro de 2023

POSTAIS GAÑADORAS  no XXVII CONCURSO POSTAL NADAL 2023

No tradicional concurso da Postal de Nadal, no que participou o alumnado de 3º ESO na materia de EPV, obtivo como gañadores estos preciosos traballos, feitos con originalidad e moitas gañas.

GRAZAS polos vosos fermosos traballos! 











venres, 15 de decembro de 2023

MONTAMOS A ÁRBORE DO NADAL!

Coa axuda inestimable de varios alumnas e alumnos do IES, montamos a árbore de Nadal e poder disfrutar das vindeiras datas tamén no IES.

E no espazo que precede á cafetería xa e Nadal!

Bo Nadal!









xoves, 14 de decembro de 2023

VISIBILIZAMOS O NADAL NA BIBLIOTECA

Xa temos o Nadal na Biblioteca!

Pasad e mirado que bonita está!

Boas festas a to@s!!





mércores, 13 de decembro de 2023

XA CHEGOU O NADAL!

Visibilizamos o Nadal no IES, grazas á colaboración das axudantes da Biblioteca, Paula e Nerea, que sempre están dispostas a ofrecer a súa colaboración.

Mirade que chula quedou a nosa entrada ao instituto.

Bo nadal!






martes, 12 de decembro de 2023

GAÑADORES XXVII CONCURSO POSTAL NADAL

Un curso máis o Dpto de Debuxo, organizou o tradicional Concurso de Postais.

Entre todas as presentadas foron tres as ganadoras, depois da votación realizada.

Noraboa aos gañadores e disfrutade moito do voso premio. Aquí vos deixamos fotos da entrega de premios.

1º PREMIO: Noa Rodríguez Enríquez 3º ESO C

2º PREMI. Daniel Rodríguez Yáñez 3º ESO C

3º PREMIO: Saúl Nogueiras Feijóo 3º ESO B







luns, 11 de decembro de 2023

LECTURAS DE NADAL

Xa temos preparada na Biblioteca unha selección de lecturas para o Nadal.

Poderes pasar pola Biblioteca e aportar as vosas eleccións de lecturas para as vacacións.





domingo, 10 de decembro de 2023

EXPOSICIÓN POSTAL NADAL 2023

Este ano cumprimos a 27ª edición do tradicional Concurso de postais, que o Dpto de EPV fai todos os anos.

No 2º andar no panel de corcho, están expostos todos os traballos do alumnado participante.

Noraboa polos traballos presentados.

 







xoves, 22 de decembro de 2022

SAÍMOS NO XORNAL

Os alumnos gañadores do Concurso de Postais de Nadal, son protagonistas no especial Nadal do periódico La Región.




martes, 20 de decembro de 2022

ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAL NADAL

Nesta 26ª edición do tradicional concurso da Postal de Nadal, os premiados foron os seguinte alumnos:

1º PREMIO: Carla Gómez Gómez, 3º ESO C

2º PREMIO: Pablo Torres Pérez, 3º ESO A

3º PREMIO: Brais Fernández Fernández, 3º ESO C

Moitas felicidades!








GAÑADORES CONCURSO POSTAL NADAL

Este curso o Dpto. de Debuxo puxo en marcha a 26ª convocatoria do tradicional concurso de Postal de Nadal.

O alumnado de 3º ESO fixeron uns estupendos traballos que temos expostos no panel principal do corredor do segundo ciclo da ESO.

Aquí deixamos as fotos do alumnado cos seus traballos premiados.

Noraboa polos estupendos traballos presentados!