domingo, 30 de outubro de 2022

UN DÍA NA BIBLIOTECA

Os cambios acontecidos este curso na Biblioteca xa se notan.

Aquí vos deixamos unhas imanes dun día calquera na Biblioteca.

Traballando, lendo e atopando un recuncho para disfrutar deste espazo tan especial do noso centro.






venres, 28 de outubro de 2022

CONVOCATORIA CONTOS DE MEDO

Desde a Biblioteca e o Dpto. de Galego, un curso máis convocamos o Concurso de contos de medo.

Animádevos a participar!



mércores, 26 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O Día das Bibliotecas celebrase o 24 de outubro.

Este curso visibilizamos esa data cunha actividade onde o alumnado expresaba nun posit o que representa para eles a Biblioteca. Empregamos para iso novos paneis mercados e instalados no corredor da Biblioteca.

Aquí vos deixamos o bonito resultado, coas diferentes respostas a seguinte cuestión:

Que é para ti a Biblioteca?










martes, 25 de outubro de 2022

CLUB DE LECTURA DE PROFES

Volvemos un curso máis co noso club de lectura "Arroz con Cháchara".

Con novas incorporacións de profes que chegaron novos ao IES.

E con moitas ganas de poder xuntarnos de novo, aorredor dun xantar, para falar e falar de libros.

A primeira lectura escollida deste curso e que inaugura o club é Pan de limón con semillas de amapola, de cristina Campos, que ademais dáse a circunstancia de que foi a finalista dos premios Planeta na edición deste ano.

Así que, boas e proveitosas lecturas durante este curso!





mércores, 19 de outubro de 2022

REUNIÓN FANZINE

Desde a Biblioteca e o Dpto. de Debuxo, este curso volvemos a retomar a actividade da creación dun fanzine co alumnado de diferentes cursos con altas cualidades artísticas e o alumnado colaborador nos talleres para darlle forma ao proxecto.

Aquí deixamos os momentos da primeira reunión na Biblioteca.




luns, 10 de outubro de 2022

CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Aquí vos presentamos ao alumnado participante no 1º club de lectura de 1º ESO, deste curso.
Este grupo de rapaces e rapazas van ler  Tesa, de Pilar Molina Llorente.

E comenzaran a súa andaina no IES estreando o recuncho de encontros cos libros, coas novas gradas que mercamos.

Boas lecturas en benvidos/as ao club!